Go Back
+ servings

Refogado de polo asiático

Este salteado de pito asiático é unha receita doado, rápida e moi nutritiva, perfecta para o día a día. A súa gran vantaxe é que podes adaptala facilmente ao que teñas na neveira, axustando os ingredientes ao teu gusto sen perder ese toque saboroso tan característico. O pito é o protagonista, aínda que tamén podes substituílo por pavo sen problema, e os anacardios pódense cambiar por cacahuetes para darlle un xiro diferente. Ademais, se che gusta o picante, podes engadirlle un pouco e conseguirás un resultado aínda máis irresistible.
Autor/a: Sara Lúa
Etiqueta/s:polo, rápido, refogado, sinxela
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total25 minutes
Prato Prato principal
Cociña Oriental
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Táboa de cortar
  • 1 Coitelo
  • 1 Wok ou tixola
  • 1 Bowl o tixola
  • 1 Culler para remoxar

Ingredientes
  

  • 1 Peituga de polo cortada en dados
  • 3 ramas coandro. Picar fino ou poñer enteiro para decoración.
  • 1 bandexa setas mini/champiñóns
  • 1/2 ud pemento vermello Cortar en xuliana
  • 1/2 calabacín. Cortar en xuliana
  • Relar xenxibre fresco ao gusto
  • 1 puñado anacardos
  • 2 cdas aceite de sésamo
  • 2 cdas salsa de soia
  • 1 cda crema de cacahuete
  • 1 cda sésamo torrado
  • 1 cdita sal e pementa
  • 1/2 ud lima

Elaboración paso a paso
 

  • Picar o pito en tacos e a verdura á xuliana.
  • Mesturar a salsa de soia e a crema de cacahuete e emulsionar ata integrar cunha culler.
  • Poñer nun wok o aceite de sésamo, engadir o pito coa verdura e os anacardios a lume vivo ata dourar. Engadir a salsa e remover ben. Salpimentar.
  • Servir con sésamo tostado e coandro fresco nun bowl. Pódeslle espremer un pouco de lima para achegar frescura.