Pelar as patacas e cortalas en toros finos(1/2 cm aprox), fríteas en abundante aceite e pásaas á fonte de enfornar,espolvorea un pouco de sal.
Na mesma tixola, baleira o aceite e engade o leite e a nata e cando tome temperatura, agrega o bacallau desalado, coce uns 5 minutos, e retírao cunha espumadera para encima das patacas.Dependendo de como sexa o "punto de sal" do bacallau, espolvorea un pouco de sal ou déixao tal cal, eu non lle puxen sal.
Coa o leite e reserva.
Lava a tixola, sécaa e pon un chorrito de aceite, saltea a cebola cortada á xuliana, espolvorea apenas un chisco de sal. Unha vez que a cebola estea ben pochada, envórcaa encima do bacallau.
Pon un cazo ao lume, agrega a manteiga e un chorrito de aceite, engade a fariña, túestala lixeiramente e incorpora a nata e leite que coaramos, mestura ben para evitar grumos, agrega sal, pementa negra e noz moscada, continúa revolvendo ata que espese lixeiramente e comece a facer chup-chup. No caso de que vexas que se volve moi espesa, engade un pouco de leite, queremos unha bechamel lixeira. Unha vez feita, cobre todo o que fomos poñendo na fonte con ela (patacas, bacallau, cebola).
Espolvorear co queixo relado (tipo mozarella) e gratinar en forno prequentado en función GRELLA e VENTILADOR a200ºC, ata que vexamos a superficie lixeiramente tostadita (adoita tardar entre8 e 10 minutos), vixía o teu forno e evita que se queime.
Servir quente.