Go Back
+ servings

Arroz con bacallau

En canto comeza a tempada do bacallau na casa non falla: toca preparar un bo arroz con bacallau caseiro. É deses pratos tradicionais de culler, humilde pero cheo de sabor, que perfuma a cociña desde o primeiro sofrito e abre o apetito mesmo antes de sentarnos á mesa.
Gústame especialmente porque con moi poucos ingredientes conséguese un arroz meloso con bacallau reconfortante, perfecto para o menú semanal pero tamén ideal para unha comida tranquila en familia. O bacallau, ademais, é un peixe moi agradecido: achega sabor sen resultar pesado e converte unha receita sinxela nun prato completo e equilibrado.
Trátase dunha receita tradicional, sen complicacións nin técnicas raras, só paciencia para o chup-chup e bos ingredientes. Unha maneira estupenda de variar do típico arroz de carne, aproveitar o bacallau en tempada e volver á cociña caseira de sempre, a que nunca falla.
Etiqueta/s:arroz, bacallau, caseiro, de temporada, doado, peixe
Imprimir receita
Tempo de preparación40 minutes
Tempo de cocción15 minutes
Tempo total55 minutes
Prato Prato principal
Cociña Atántica
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Cazola

Ingredientes
  

  • 1 ud porro
  • 1 ud pemento vermello
  • 1 dente de allo
  • 5 gr febras de azafrán
  • 30 gr carne de ñoras
  • 500 ml de caldo de peixe
  • 200 gr arroz bomba
  • 200 gr bacallau desalgado sen espiñas
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa

Elaboración paso a paso
 

  • Nunha cazola, saltear durante 10 minutos o poro e o pemento picados co dente de allo esmagado cunha cullerada de aceite de oliva.
  • Engadir a carne de ñora e o bacallau, cociñar 5 minutos desfacendo o bacallau para que se integre coas verduras.
  • Engadir o arroz, saltear un par de minutos e incorporar o azafrán moído no morteiro cun pouco de caldo de peixe. Remexer.
  • Engadir o caldo de peixe, sal e pementa, remexer e cociñar durante 15 minutos.
  • Servir inmediatamente.