Cortamos a etiqueta do botelo, lavámolo lixeiramente e picamos cun alfinete para que non rebente.
Colocámolo nunha pota a presión e cubrimos con auga.
Tapamos a pota. Poñémola en posición 2 e levámola a lume forte ata que a válvula salte.
Cando a válvula salte, poñemos lume baixo e deixamos cocer 40-45 minutos.
Mentres coce o botelo, lavamos e pelamos as patacas, cortándoas en cadrados grandes.
Lavamos o repolo e cortámolo en dous.
Pasado o tempo de cocción, apagamos a pota e agardamos a que solte todo o vapor antes de abrila.
Sacamos o botelo, quitámoslle a tripa e reservámolo.
Na mesma auga de cocer o botelo, engadimos as patacas e o repolo cun chisco de sal (non moito, porque o botelo xa é bastante salgado).
Tapamos a ola de novo, poñémola en posición 2 e levámola a lume forte ata que a válvula salte.
Unha vez que empece a soltar vapor, baixamos a lume baixo e cocemos durante 5-8 minutos.
Apagamos o lume e agardamos a que a ola poida abrirse con seguridade.
Servimos nunha fonte o botelo, as patacas e o repolo.
Engadimos un chorriño de aceite de oliva virxe extra sobre as patacas e o repolo.