Empezaremos a receita esmigallando o biscoito nun bol.
Deseguido, engadimos o queixo crema, a canela e mesturamos ata que quede todo integrado.
Agora, facemos boliñas coa masa e ímolas colocando nun recipiente.
Unha vez que teñamos todas, deixamos repousar no conxelador. É simplemente para que estean frías, así que abonda con 5 ou 10 min.
Mentres, fundimos o chocolate negro ao baño maría.
Sacamos as boliñas do conxelador, bañámolas co chocolate e deixamos arrefriar na neveira uns 10 minutos.
Para facer as trufas brancas facemos o mesmo procedemento. Fundimos o chocolate branco e bañamos as boliñas. Para facer o efecto momia, soamente poñemos nunha manga pasteleira un pouco de chocolate branco e facer unhas liñas anchas, pegamos dous olliños e listo.