Go Back
+ servings

Pito agridoce

O pito agridoce é desas receitas que enchen a casa dun aroma irresistible e fan que todos se acheguen á cociña con curiosidade. Combina o toque doce e ácido nunha mestura deliciosa que encanta a grandes e pequenos.
É unha comida fácil de preparar, con ingredientes sinxelos e un resultado que parece sacado dun restaurante. Perfecto para eses xantares en familia ou ceas onde queres servir algo diferente sen complicarche demasiado.
Etiqueta/s:Asiática, fritura, marinado, Non vegana, Non vexetariana
Imprimir receita
Tempo de cocción30 minutes
Tiempo de marinado en la nevera30 minutes
Tempo total1 hour
Prato Prato principal
Cociña Asiática
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 Bol grande
  • 1 Tixola grande o wok
  • 1 Pota
  • 1 Relador fino
  • 1 Culler
  • 1 Espátula ou culler de madeira
  • 1 Coitelo
  • 1 Táboa de cortar

Ingredientes
  

  • 1/2 Polo en anacos
  • 355 g Salsa agridoce
  • 1 Ceboliña
  • 1 Pemento vermello
  • 1 Pemento verde
  • 2 uds caiena
  • 2 dentes allo
  • 15 g xenxibre fresco
  • 3 cdas salsa de soia
  • 3 cdas vinagre de arroz
  • 1 Ovo
  • Maicena
  • Arroz basmati
  • Aceite de xirasol
  • Pementa negra
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Salpementamos o polo.
  • Botámolo nun bol, coa salsa de soia, o vinagre de arroz, 10 gramos de xenxibre en rodas e un ovo. Mesturamos ben e refrixeramos unha media hora.
  • Rebozamos en maicena, peneiramos e imos fritindo por quendas en aceite de xirasol a lume medio/alto (sobre 180°) para que se faga ben por dentro, os últimos minutos subimos o lume para dourar.
  • Pasamos a un papel absorbente.
  • Mentres, preparamos o arroz Basmati segundo indicacións de fabricante.
  • Tamén facemos as verduras; nun chorriño de aceite rustrimos os allos e 5 gr de xenxibre relado.
  • Incorporamos o resto de verduras en anacos grandes, as caienas se nos gusta picante, salteamos uns minutos a lume forte ata que comecen a abrandar un pouco e apagamos o lume.
  • Mesturamos o polo frito coas verduras, botamos a salsa agridoce, integramos ben mentres quentamos uns 10 minutos a lume medio/baixo.
  • Servimos acompañado do arroz Basmati