Go Back
+ servings

Pudding de mazá

Este pudding de mazá é a sobremesa perfecta para aproveitar froitas maduras e encher a cociña de aroma a fogar.
A súa textura suave e cremosa, combinada coa dozura natural das mazás e un toque de canela, convérteo nunha delicia reconfortante que nunca pasa de moda.
Etiqueta/s:aproveitamento, Mazá, Merenda, Outono, pudding, Sobremesa
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción40 minutes
Tiempo de cocinado de la mezcla de manzana15 minutes
Tempo total1 hour 25 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Mediterránea
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 Cazo
  • 1 Tixola
  • 1 Espátula
  • 1 Molde de forno desmontable
  • 1 Papel de forno
  • 1 Coitelo
  • Varas
  • 1 Culler

Ingredientes
  

  • 5 Mazás
  • 50 g manteiga
  • 90 g azucre moreno
  • 50 g fariña
  • 150 ml auga
  • 240 ml nata líquida
  • 240 ml leite
  • 1 cda vainilla
  • 15 g manteiga
  • Noz moscada
  • Sal
  • Canela
  • 75 g azucre
  • 4 ovos
  • 1/2 Barra de pan

Elaboración paso a paso
 

  • Lavar, pelar e cortar as mazás en dados.
  • Nunha tixola derretir a manteiga, engadir o azucre moreno e a fariña. Cociñar 3 minutos.
  • Engadir a auga e as mazás, cociñar 15 minutos tapado e removendo de cando en vez. Reservar.
  • Nun cazo quentar a nata, o leite, a manteiga, canela, noz moscada, chisco de sal, vainilla e 75 g de azucre.
  • Apartar do lume e engadir os ovos uno a un, remover ben con baleas.
  • Partir o pan en dados pequenos ou desmenuzar.
  • Engadir a mestura de leite e ovos ás mazás con caramelo, remover ben.
  • Engadir a un molde forrado con papel vexetal a metade do pan partido, a metade da mestura de mazá e repetir co restante.
  • Enfornar a 180 graos 45 minutos.
  • Servir tépedo con xeado de vainilla.