Go Back
+ servings

Cookies de pistacho e chocolate branco

Se es amante das galletas cun toque diferente, estas cookies de pistacho e chocolate branco van conquistar desde o primeiro bocado. Crujientes por fóra, suaves por dentro e co contraste perfecto entre a dozura cremoso do chocolate branco e o sabor lixeiramente salgado e tostado do pistacho.
Unha combinación elegante e deliciosa que transforma unhas simples galletas nun pequeno luxo caseiro.
Autor/a: Iria Seijas
Etiqueta/s:Chocolate, cookies, galletas, pistacho, Sinxelo
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tiempo de enfriamiento30 minutes
Tempo total45 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Americana
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Bol
  • 1 Varas
  • 1 Papel de forno
  • 1 Bandexa de forno
  • 1 Forno

Ingredientes
  

  • 120 g crema de pistacho e cacahuete
  • 60 g eritritol
  • 1 ovo
  • 80 g pistachos torrados sen sal
  • 100 g fariña de avea ou normal
  • 1/2 cdta fermento
  • pistacho picado
  • chips de chocolate branco

Elaboración paso a paso
 

  • Prequentamos o forno a 180 graos.
  • Batemos o ovo xunto co eritritol.
  • Incorporamos á mestura a crema de pistacho e cacahuete.
  • Mesturamos por outro lado a fariña e mais o fermento.
  • Integramos as dúas mesturas nunha soa masa.
  • Agregamos pistachos en anacos e pebidas de chocolate branco.
  • Formamos boliñas que esmagaremos en forma de galleta.
  • Colocamos o papel de forno sobre a bandexa e imos colocando as galletas.
  • Metemos no forno durante 10-12 minutos.
  • Sacamos do forno e deixamos arrefriar uns 30 minutos antes de consumir.