O primeiro paso será cortar e conxelar o plátano. Cortámolo en rodas, poñémolo nun bol e ao conxelador.
Pasadas unhas horas, botamos nun robot picador o plátano conxelado, a crema de cacahuete e a cullerada de vainilla.
Cando estea todo medianamente triturado, engadimos a nata e integramos uns 10 segundos.
Por último, engadimos os chips de chocolate e remexemos. Lembra reservar unha manchea para poñer por enriba.
Poñemos a mestura nun molde tipo plumcake, se temos, ou en calquera recipiente que teñas pola casa. Metemos no conxelador e agardamos.
Para unha maior cremosidade, aconsello sacar do conxelador tras unha hora e remexer. Desta forma, rompemos os típicos cristais. Podes facelo varias veces.
Despois dunhas 4/6 horas, sacamos do conxelador e servimos unhas bólas nunha copa , acompañado duns chips de chocolate por enriba.