Se buscas unha sobremesa sinxela pero irresistible, esta torta de dous queixos é a elección perfecta. Preparada con ingredientes básicos que atopas facilmente en calquera supermercado, combina o mellor da cociña caseira cun toque de elegancia. A súa textura cremosa e o seu sabor intenso conquistan desde o primeiro bocado, converténdoa na opción ideal tanto para sorprender nunha comida especial como para gozar en casa sen complicacións.
1 Molde de 22 cm. Eu usei un de 18 cm e fixen 4 vasiños co resto da mestura que hornée na airfryer.
1 Bol para a preparación
Ingredientes
175ggalletas de tipo Digestive Fontaneda
80gmanteiga Kerrygold sen sal
550gqueixo crema Philadelphia
75gqueixo gorgonzola ou outro queixo azul.Tamén se pode empregar o mesmo peso en queixo crema Ballarini.
125giogur grego sen azucre Danone
150gazucre
200gnata 35% mg Feiraco
35gfariña de trigo ou de maicena
1cdtaextracto de vainilla
Marmelada de amorodos, arandos, frambuesas, amorodos, physalis,etc.Para a decoración.
Elaboración paso a paso
Para a base
Trituramos as galletas e mesturámolas coa manteiga abrandada, cubrimos a base e as paredes do molde coa mestura, refrixeramos ata o momento do seu uso. (podes poñer as galletas partidas nunha bolsa de plástico, pechala e pasarlle o rodete por encima, dese modo quedan trituradas).
Para o recheo
Vertemos nun bol ou no vaso do noso robot de cociña, todos os ingredientes da torta, e triturar ata obter unha mestura homoxénea.
Envorcamos a mestura do recheo no molde e enfornamos a 200º C con calor abaixo e arriba entre 30 e 40 minutos. Vixiamos o noso forno e se a superficie tóstase demasiado, cubrimos con papel de aluminio.
Unha vez terminado o enfornado, abrimos lixeiramente a porta do forno para que a calor vaia diminuíndo aos poucos.
Finalmente retiramos a torta do forno, deixámola arrefriar totalmente sen desmoldar. Cando pasase máis dunha hora,deixamos outro intre na neveira para conseguir o punto ideal de consistencia e desmoldamos. O ideal sería deixala repousar toda a noite.
Para a decoración
Cobre con marmelada e decora con froitas do teu gusto.
Notas
Convén que todos os ingredientes estean fose da neveira polo menos unha hora antes de poñernos a elaborar esta torta.
Se che esqueciches de sacar os ingredientes da neveira: - quenta un prato fondo (con que o poñas no micro cun pouquiño de auga, serve) vertes os queixos e a crême fraîche e amornarase rapidamente.- Os ovos pódelos introducir dous ou tres minutos en auga tépeda e amornaranse.Queda bastante alta, así que se queres podes facer esta mesma receita nun molde de 24 ou 26 cm de diámetro, iso si, deberás de poñer 200 gr. de galletas e 80 gr. de manteiga para a base, o recheo será suficiente coas cantidades indicadas.