Lava o arroz: vérteo nun bol amplo e cubre con auga, remexe coa man e tira esa auga (tamén podes regar as plantas con ela!), repite 5 veces, verás que a auga sae moito máis clara.
Escorre o arroz e pono nunha pota ampla. Engade 2 cuncas e media de auga e coce a lume medio durante 12 minutos.
Mestura unha cullerada sopeira de vinagre cunha cullerada de sobremesa de azucre branco. Verte sobre o arroz e mestura cunha espátula; deixa que arrefríe a temperatura ambiente.
Mentres, prepara unha veganesa oriental: no vaso do batedor, mestura 100 ml de leite de soia sen azucre e 200 ml de aceite de xirasol cunha culler sopeira de vinagre. Primeiro, bate co batedor apoiado no fondo o vaso uns 20-30 segundos, ata que vexas que a salsa empeza a formarse e a callar. Despois, sube e baixa outros 30 segundos suavemente ata que todos os ingredientes estean mesturados. Engade un chisco de sal e unha cullerada sopeira de salsa de soia e volve bater. Refrixera ata usar.
Corta un aguacate en láminas finas e reserva.
Engraxa un molde desmontable cun chorriño de aceite e estende coa axuda dunha espátula ou dun pincel de cociña; pon unha primeira capa de arroz, ten que ser 1/3 do arroz total, e achanda coa axuda da espátula. Por enriba, pon unha capa de aguacate, outro tercio do arroz, o atún vexetal e unha úlitma capa de arroz. Refrixera ata servir.
Retira con coidado do molde e pon os toppings que che apetezan: maionesa oriental, siracha Mayo, allos tenros, sementes de sésamo.
Para servir, corta como se fose unha torta tradicional e acompaña cunha cunca de salsa de soia, por se alguén quere mollar.