Go Back
+ servings

Salmorexo de nectarina e amorodo con gilda de bocareo

Este salmorexo de nectarina e amorodo con gilda de bocareo é unha proposta fresca e orixinal para os días de verán. Prepárase en apenas 10 minutos e destaca pola combinación do doce e zumarento da froita co contraste salgado e atrevido da gilda. O resultado é un prato nutritivo, lixeiro e saciante, ideal tanto como entrante sofisticado como para gozalo como prato principal nos meses máis calorosos do ano.
Autor/a: Sara Lúa
Etiqueta/s:fresco, Rápido, salmorexo, Sinxelo, Verán
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Emplatado5 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Española
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Robot, procesadora ou batedora
  • 4 Escarvadentes metálicos ou de madeira para preparar as gildas
  • 1 Táboa de cortar
  • 1 Coitelo
  • 1 Recipiente para server

Ingredientes
  

  • 600 g tomates ben maduros
  • 300 g nectarinas
  • 100 g fresas
  • 1 dente allo
  • 50 g vinagre
  • 1 cda sal
  • 120 g pan de viena
  • 150 g AOVE Coosur
  • 4 uds bocareos en vinagre
  • 4 uds olivas
  • 4 uds piparras
  • 4 uds amorodos
  • 4 trocos nectarina
  • Reladura de lima

Elaboración paso a paso
 

  • Pesar todo e reservar.
  • Lavar froitas e verduras.
  • Cortar todo en anacos.
  • Triturar o tomate, as froitas, o allo, o vinagre e mais o sal. Engadir o pan e seguir batendo moi ben ata que teñamos todo completamente integrado e sen bolos.
  • Seguimos triturando mentres vertemos pouco a pouco o aceite para conseguir unha boa textura e cor.
  • Montamos as gildas ao noso gusto cun anaco de nectarina, amorodo, bacareo, oliva verde, piparra e reladura de lima.
  • Servimos o salmorexo ben frío e enriba a gilda. Terminamos con lima relada.