Go Back
+ servings

Clafoutis

Hai sobremesas que semellan saídas dun recordo, dunha mesa de verán lenta á sombra dunha árbore. O clafoutis é unha delas: un clásico francés que combina a sinxeleza dunha masa lixeira coa dozura zumenta da froita fresca, tradicionalmente cereixas.
É un pastel a medio camiño entre un flan e unha torta, cunha textura suave e cremosa que envolve a froita coma se fose unha aperta. Sérvese morno ou frío, espolvoreado con azucre glas, e sempre invita a repetir.
Ideal como sobremesa nun xantar familiar ou como merenda elegante, o clafoutis demostra que non fan falta complicacións para crear un bocado inesquecible.
Etiqueta/s:almorzo, cereixas, froitas, merenda, sobremesa doada, sobremesa francesa
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Francesa
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Saca ósos de cereixas
  • Bowl
  • 2 recipientes aptos para forno

Ingredientes
  

  • 170 g de cereixas
  • 100 ml de leite enteira
  • 40 g fariña
  • 2 cditas azucre
  • 1 ud ovo

Elaboración paso a paso
 

  • Lava as cereixas, quítalles o óso e córtaas en dúas.
  • Pásaas a dúas minicuncas aptas para o forno.
  • Esparexe por enriba de cada molde unha culler de azucre.
  • Agora, nun bol, mestura o ovo, o leite e a fariña pasada polo baruto e despois verte repartindo a cantidade entre os dous minimoldes.
  • Mete no forno a 170 graos durante 15-20 minutos en forno ventilado.