Go Back
+ servings

Ensalada de verán con requeixo e pexego

O verán é o momento perfecto para gozar dos produtos de tempada, frescos e cheos de sabor. Entre eles, o pexego é protagonista: doce, moi zumenta e cun aroma que sabe a sol, é ideal para darlle un toque diferente ás nosas ensaladas.
Nesta receita combínase co requeixo e co xamón, dous ingredientes que achegan proteínas de calidade, facendo desta ensalada unha opción lixeira pero tamén saciante e nutritiva. É perfecta como xantar ou cea rápida, e ademais podes axustar as cantidades de requeixo e xamón segundo as túas necesidades: se buscas unha maior inxesta proteica, só tes que engadir un pouco máis destes ingredientes.
A mestura de sabores é irresistible: a dozura do pexego contrasta coa cremosidade do requeixo e o toque salgado do xamón, creando un prato fresco, equilibrado e moi doado de preparar.
Etiqueta/s:Ensalada, Pexego, Proteina, Tempada, Verán
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo total10 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Bandexa
  • Tixola

Ingredientes
  

  • 1 ud pexego
  • 1/2 ud cebola
  • 2 manoxo de espinacas
  • 120 g xamón ibérico
  • 100 g requeixo
  • Aceite de oliva
  • Vinagre
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Lavar e pelar o pexego, cortar en rodelas finas.
  • Pasar as rodelas de pexego pola tixola para que caramelice, un minuto por cada lado ata que o vexamos torrado.
  • Montar a ensalada desmenuzando as espinacas, engadindo o pexego, o requeixo, cebola cortada en juliana, lonchas de xamón e o aliño.

Video