Go Back
+ servings

Crema fría de melón, cogombro e limón

É unha das miñas cremas frías favoritas e faise en menos de 10 minutos. Lixeira, antiinflamatoria, dixestiva e perfecta para coidarse. O melón achega un toque doce que, mesturado co cogombro e co limón, é perfecto. Moi importante, tomala ben fria. Esta moi rica con queixo feta esmigallado ou cun crocante de xamón. Sen ningunha dúbida, é prefecta para a época estival.
Autor/a: Saraluamchef8
Etiqueta/s:Baixa en graxas, Sen glute, Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción4 hours
Tempo total4 hours 10 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Española
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Robot ou batedor , triturar todo xunto
  • Táboa para cortar
  • Coitelo para cortar

Ingredientes
  

  • 1 melón (Utilizar medio melón sen pel e sen pebidas)
  • 1 cogombro (Enteiro e mondado parcialmente)
  • 1 limon (O zume de 2 limóns. Utilizar a súa monda para macerar o queixo)
  • 1 xenxibre (Un anaco do tamaño dunha abelá)
  • Sal ao gusto
  • Vinagre de mazá ao gusto
  • 60 g de aceite de oliva (Engadir ao final coma un fío, para emulsionar e para decorar. Engadir un chisco de queixo)
  • Pementa negra ao gusto
  • 1 xeo (Utilizar só para tomar no momento)
  • 20 g de auga fría (Engadir unha pouca máis se queremos unha textura máis líquida)
  • 1 lima (Relar ao empratar)
  • 1 queixo feta
  • 5 follas de menta fresca

Elaboración paso a paso
 

  • Cortamos o melón e limpámolo; mondamos e cortamos en anacos. Mondamos parcialmente o cogombro e cortámolo en dados. Espelicamos o anaquiño de xenxibre. Esprememos 2 limóns.
  • Metemos todo no robot e engadímoslle o vinagre, a pementa, o sal, o xeo e a auga.
  • Trituramos todo moi moi ben ata que non queden gromos.
  • Engadimos o aceite coma un fío para que emulsione e teña unha mellor textura.
  • Servimos no momento cun chorro de aceite, con lima relada e con pementa negra. Metémola 4 horas na neveira. Se non a tomamos no momento, non é preciso o xeo.
  • Para o topping do queixo macerado, simplemente mesturaremos o queixo feta, con aceite, pementa, reladura de limón e menta fresca.

Notas

Podes mondar a medias o cogombro para que non repita. Engade o aceite pouco a pouco para emulsionar e conseguir mellor textura.