Go Back
+ servings

Mini muffins de chocolate

Unha receita doce e saudable para eses momentos larpeiros nos que temos antollo de doce.
Autor/a: Viki Lorenzo
Etiqueta/s:chocolate, healthy, muffins
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Doce
Racións 1 persoa

Equipamento

  • 1 Bol
  • 1 Molde de muffins

Ingredientes
  

Ingredientes secos

  • 1 cunca de fariña integral de espelta
  • Un cuarto de cunca de cacao en po 100%
  • 1 sobre de fermento de reposteria

Ingredientes húmidos

  • 45 g de aceite de coco derretido durante 30 segundos no microondas
  • 100 g puré de dátiles medjool (tritúranse os dátiles previamente hidratados en auga morna)
  • Tres cuartos de cunca de leite ou bebida vexetal
  • 1 ovo

Extra

  • 80 g de chocolate 85%

Elaboración paso a paso
 

  • Prequenta o forno a 180 ºC.
  • Nun bol, coloca todos os ingredientes húmidos e bate ata que estean ben unidos.
  • Peneira os ingredientes secos. Isto é só para darlles aire aos ingredientes e evitar algún bolo que poidan ter.
  • Une os ingredienes secos cos ingredientes húmidos.
  • Por ultimo, engade o chocolate picado.
  • Coloca a mestura nos moldes previamente engraxados con aceite de coco.
  • Enforna durante 12 minutos. Se os moldes son máis grandes, enforna durante 20-25 minutos.
  • Deixa arrefriar e saca dos moldes.

Video