Encende o forno e prequéntao a 170º con calor arriba-abaixo e coloca a reixa na segunda guía do forno.
Unta o molde de manteiga, rega cun spray desmoldeador e esparexe fariña, xira o molde para que se desprenda o exceso de fariña ou forra con papel de forno. Reserva.
Verte nun cazo a manteiga e o leite e pon ao lume ata o momento en que alcance o punto de ebulición; apaga o lume e mestura ben. Agarda ata que estea morno e reserva.
Mestura cunhas varas os ovos co azucre ata obter unha mestura abrancazada.
Agrega pouco a pouco a fariña peneirada co fermento de repostería, un chisco de sal , alternando coa mestura líquida de leite quente e manteiga e mestura con movementos suaves e envolventes.
Verte a mestura no molde.
Mete no forno a 170ª durante 55 minutos máis ou ata que picando cun espeto ou cun garfo, saia limpia.
Apaga o forno, agarda 10 minutos e desmolda sobre unha reixa.
Deixa arrefriar totalmente e cubre co chocolate derretido. Esparexe améndoas picadas.
Sirve.