Se mercaches o bacallau salgado, o primeiro que terás que facer é o proceder a desalgalo. É moi importante tomar en serio este punto porque, do contrario, podes estragar o prato. Se o mercas no punto de sal, evitarás este problema.
Mondaras patacas, cortalas en rodas grosas e poñelas a cocer nunha pota con auga.Cando leven cocendo uns 10 minutos, engadirlle á pota, por enriba das patacas, os anacos de bacallau. Tapar econtar 8 minutos máis.
Ata ese momento non puxemos sal porque porque sempre cabe a posibilidade de que o bacallau non estea tan desalgado como pensabamos e ao coceren as patacas, solte algo de sal que que beneficie as patacas ademais de enriquecelas de sabor.
Que pasa se o bacallau estaba perfectamente desalgado e non lles engadimos sal ás patacas? Non pasa nada, engadimos un pouco de sal nas patacas ao poñelas na fonte de servir ou no prato, antes deregar coa allada. É mellor rectificar de sal un prato que ao revés.
Mentres cocen as patacas e o bacallau, facemos a allada.
Poñemos nunha tixola un chorro xeneroso de aceite de oliva virxe extra e, cando se quente (sen fumear), agregamos o allo picadiño e a cebola cortada en xuliana. Poñemos todo xunto a lume suave para que quede pasado e NON torrado. Esparexemos un chisco de sal. Cando teñamos todo ben rustrido, apartamos a tixolado lume. Deixamos ata que o aceite estea morno e agregamos os pementos (coidadoneste paso de non agregar os pementos co aceite quente porque se queimaría eamargaría a allada. Unha vez engadidos os pementos remexemos ben, engadimos acullerada de vinagre (se é que a pos) e un par de culleradas de auga da cocción.Volvemos poñer a tixola no lume un par de minutos máis e apagas o lume.