Lavamos as verduras e cortámolas con mandolina en corte groso, ou a coitelo en corte fino. Reservamos.
Nunha tarteira ampla con moi pouco aceite virxe, salpimentamos e selamos ben a presa por todos os seus lados. Reservamos.
No resto de aceite que nos quede na tixola pochamos as verduras: cebola vermella, ceboliña, pemento vermello, cenoria (cortada en bastonciños), e 3 dentes de allo con pel. Deixamos cociñar ata que empecen a poñerse brandas.
TRUCO: se queredes aforrar tempo no proceso de pochado das verduras que pode levar uns 30 minutos, podedes introducilas, previamente cortadas, no micro durante 8 minutos. Logo, só teredes que pochalas durante outros 7 ou 8 minutos máis. É dicir, que utilizando o micro deixamos o proceso de pochado na metade de tempo e se as hortalizas deste tipo adóitanvos resultar indixestas, así, sentaranvos mellor ao estómago.
Unha vez pochadas as verduras, introducimos a peza de presa que tiñamos reservada na tarteira e engadimos todos os líquidos: viño branco, viño doce, vinagre de mazá, salsa de soia e aceite virxe.
Incorporamos as boliñas de pementa e as follas de loureiro.
Tapamos e deixamos cocer todo a lume medio 15 minutos.
Deixamos amornar e volvemos probar o toque de acidez de vinagre do escabeche. Eu, normalmente, engádolle sempre, fóra xa do lume, un pouco máis dun vinagre un pouco forte, tipo Xerez. De verdade que ese vinagre sen cociñar, dálle un puntazo.