Go Back
+ servings

Leite frito

O leite frito é unha desas sobremesas que evocan fogar, infancia e tradición. A súa orixe remóntase á cociña das casas de Castela e León, onde, con ingredientes básicos como leite, fariña e azucre, se preparaban auténticas delicias. Esta receita mantívose viva grazas ao seu sabor delicado e á súa textura inconfundible: cremosa por dentro, dourada e crocante por fóra.
Etiqueta/s:Castela e León, Lácteos, Tradicional
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Reposo en frío2 hours
Tempo total2 hours 30 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Cazo ou pota para infusionar e cociñar a mestura
  • Coador para retirar canela e limón do leite
  • Cunca pequena para mesturar leite frío, maicena e azucre
  • Batedor manual para mesturar sen grumos
  • Fonte ou bandexa para verter e arrefriar a crema
  • Coitelo para cortar a crema en porcións
  • Tixola para fritir as pezas
  • Espumadeira para retirar as pezas do aceite
  • Plato con papel para escorrer o exceso de aceite
  • 2 Cuncas para fariña e ovo batido

Ingredientes
  

  • 500 ml de leite enteiro
  • 100 g de azucre
  • 50 g de maicena o fécula de millo
  • 1 rama de canela
  • 1 ud limón (pel del limón sen a parte branca)
  • 2 uds ovos
  • Farina para rebozar
  • Aceite de xirasol para fritir
  • Azucre e canela en po para espolvorear

Elaboración paso a paso
 

  • Quenta 375 ml de leite coa canela e a pel de limón. Retira antes de ferver e deixa repousar.
  • Mestura o leite frío reservado coa maicena e o azucre. Engade á leite infusionado e colado.
  • Cociña removendo ata que espese. Verte nunha bandexa, alisa e arrefría na neveira durante 2 horas.
  • Corta en anacos. Pasáos por fariña e despois por ovo batido.
  • Frite en aceite quente ata que estean dourados. Escorre sobre papel absorbente.
  • Mestura azucre con canela e espolvorea sobre as pezas aínda quentes.