Pasta de lentella vermella con cogomelos e prebe de cabaza asada
Buscas unha receita saudable, reconfortante e chea de sabor? Este prato é a opción perfecta. A pasta de lentella vermella é unha alternativa sen glute e rica en proteínas, mentres que a salsa de cabaza asada achega un toque doce e cremoso que combina marabillosamente co sabor intenso das setas. Ideal para unha comida nutritiva e sen complicacións, este prato converterase nun imprescindible na túa cociña.
Pelar, cortar e rustrir un dente de allo. Refogar os cogomelos cunhas areas de sal. Cando estean dourados, engadir un chorriño de viño branco ata que se evapore. Engadir sal e pementa e reservar.
Cocer a pasta en auga con sal durante 4 min. Escorrer e reservar.
Para a salsa:
Pelar, cortar e rustrir o allo porro e un dente de allo. Engadir a cabaza asada, sal, pementa e incorporar a noz moscada.
Engadir o leite e cociñar a lume lento durante 7 min. Triturar.
Para montar o prato:
Rustrir os cogomelos coa pasta e engadir o prebe de cabaza.
Servir cun pouco de queixo relado e taquiños de cabaza asada.
Notas
Tamén podes preparar este prato con cabaza crúa, cociñándoa ao vapor, ao microondas ou en frixidora de aire durante uns minutos, pero o toque asado que lle dá ao forno proporciónalle un extra de sabor.