Go Back
+ servings

Crumble de arandos

O crumble de arandos é unha receita moi doada e rápida de facer, ideal para almorzar ou como sobremesa. É doce e encántame porque sacias o teu antollo de algo doce con ingredientes saudables.
Autor/a: Lidia González @oatmornings
Etiqueta/s:Froitos secos, Glute
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción25 minutes
Tempo total30 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Inglesa
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Bol para facer a mestura de ingredientes
  • Cullerón de madeira para mesturar os ingredientes
  • Molde apto para forno para enfornar o crumble

Ingredientes
  

  • 80 g de flocos de avea
  • 2 culleradas de crema de cacauete
  • 1 culleradiña de canela moída
  • 4 pezas de dátiles Medjool
  • 125 g de arandos

Elaboración paso a paso
 

Enfornado arandos

  • Nunha bandexa apta para forno, enfornamos os arandos a 180° 15 minutos.

Mestura ingredientes crumble

  • Nun bol, mesturamos os flocos de avea, a canela, a crema de cacauete e os dátiles.

Enfornado do crumble

  • Poñemos a mestura sobre os arandos e metemos no forno a 180° 10 min.