Go Back
+ servings

Garavanzos con espinacas

Prepara un sinxelo prato de garavanzos con espinacas, pero engadindo un plus de sabor e textura con pan no rustrido.
Autor/a: Patricia Menéndez
Etiqueta/s:Económica, Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total25 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Pota
  • Táboa de madeira
  • Coitelo
  • Cullerón de madeira

Ingredientes
  

  • 1 cebola
  • 3 cenorias
  • 2 rebandas de pan
  • 1 bote grande de garavanzos cocidos
  • 200 g de espinacas conxeladas
  • 2 culleradas de aceite de oliva
  • 1 cullerada de especias: pemento doce e sal
  • 1 dente de allo

Elaboración paso a paso
 

  • Refoga unha cebola, un dente de allo e 3 cenorias peladas e cortadas nun chorriño de aceite de oliva cun chisco de sal.
  • Engade 2 rebandas de pan en anacos, 1 culleradiña de pemento, mestura ben e engade ½ litro de auga; deixa que se cociñe 5-7 minutos, tritura e engade os garavanzos.
  • Cando empece a ferver, engade as espinacas (eu desconxeleinas previamente no microondas, pero podes poñelas conxeladas directamente) e deixa que se cociñe todo xunto un par de minutos máis, sirve con pan de millo ou de centeo.