Este salmón de luxo que vos traio hoxe aquí é unha receita fantástica. Ten a vantaxe de que, ademais de preciosa é riquísima e faise en 13 minutos de forno. E se tedes as salsas feitas do día anterior só vos queda preparar a gornición que, por outra parte, é moi sinxela.
1 Recipiente de silicona para micro ou que sexa adecuado para cociñar en microondas
1 Forno
2 Follas de papel de forno
1 Xerra A xerra debe ser ampla para que non se verta a allada cando incorporemos o vinagre
Ingredientes
2Supremas de salmón
1Iogur grego
1/2Mango
100grsQueixo feta
1Cebola vermella
2Limas
1Laranxa
Mile, curry e salsa de soiaAl gusto
Aneto e horteláAl gusto
Aceite de oliva, sal e tomiñoAl gusto
3Dentes de allo
4Patacas
60grsChícharos finos conxelados
Elaboración paso a paso
Conserva de cebola en vinagre
Preparamos a conserva en vinagre da cebola vermella en modo exprés. Cortámola moi fina, deixámola repousar nunha mestura de zume de lima, vinagre de mazá, mel e auga. Podemos facelo con varios días de antelación e estará máis rica. Na neveira dura meses e eu úsoa para sándwiches, ensaladas, canapés...
A conserva de cebola en vinagre pode, e debe, facerse con días de antelación. Na neveira mantense durante meses.
Mariñado do Salmón
Mariñamos previamente o salmón durante un mínimo de 2 horas nunha mestura de zume de laranxa, lima, soia, mel curry e aneto fresco.
Preparación Salsas
Bater en túrmix os iogures gregos con queixo feta, aneto e hortelá.
Bater en túrmix un mango cun pouco de brandy e poñer na tixola a reducir cun chorriño de soia
Cociñado do Salmón
Preparamos as papillotas con papel de forno. Podemos facelas de 2 en 2 toradas para facilitar a elaboración.Colocamos nelas o salmón mariñado previamente. Escorremos o salmón do mariñado e colocámolo sobre o papel de forno. Engadimos un pouquiño de aceite virxe sobre cada lombo e introducimos un anaco de papel de forno separando os lombos para que no se peguen. Pechamos os paquetes.Cociñamos no forno quente a 190 º uns 13 minutos.
Empratado
No fondo do prato colocamos un fondo circular de salsa de queixo con herbasEnriba, a suprema de salmón pintada coa salsa de mangoCoroamos coa conserva de cebola en vinagre sobre o salmónEngadimos as pataquiñas cocidas e pasadas pola tixola e colocamos uns chícharos para darlle un toque verde
Gornicións
Patacas pequenas de gornición previamente cocidas coa monda en auga, ou ao vapor no micro. Engadimos uns poucos chícharos cocidos ao vapor.Cortamos as patacas en cachelos e ben ao forno ou na t ixola, pasámolas por aceite ou manteiga cuns dentes de allo enteiros esmagados, tomiño, sal e pementa.