Go Back
+ servings

Cabaza asada ilustrada

Este prato de cabaza asada ilustrada pode servir como aperitivo  para compartir,  pode servir como entrante moi vexetal e mesmo, engadíndolle un ovo escalfado, por exemplo, pode converterse nun completo e equilibrado prato  principal. Vaia, que esta cabaza ilustrada teno todo. Ou case!
Autor/a: Guisándome la vida (Carmen Albo)
Etiqueta/s:Lácteos, Vexetariano
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción15 minutes
Tempo total30 minutes
Prato Aperitivo, Entrante
Cociña Internacional
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Recipiente microondas para precociñar a cabaza e aforrar moito tempo de forno
  • Tixola para saltear, allo, piñóns, pipas, arandos e alfábega
  • Tixola para facer a crema de queixo
  • Fonte de forno para terminar de asar e de gratinar a cabaza

Ingredientes
  

  • 600 g de cabaza cacauete ecóloxica é máis tenra e precisa menos tempo de cociñado
  • 250 g de requeixo ou de queixo ricotta
  • 100 g de queixo Grana Padano relado
  • 1 dente de allo
  • 20 g de piñóns
  • 30 g de pipas de cabaza
  • 70 g de arandos deshidratados
  • 3 ramas de alfábega fresca
  • AOVE
  • Sal
  • Pementas moídas

Elaboración paso a paso
 

Preparación cabaza

  • Pelamos unha cabaza cacauete non moi grande e cortámola en sentido lonxitudinal. Esta era ecolóxica e necesitou moito menos tempo de cociñado.
  • Retirámoslle as pebidas cunha culler colocámola nunha táboa de cociña co burato xa baleiro de pebidas cara a abaixo.
  • Poñemos un pauciño chinés a cada lado da cabaza e cun bo coitelo  imos facendo cortes finos nela. Os pauciños impedirán que o coitelo chegue abaixo de todo e conseguiremos o famoso corte Hasselback.
  • Quedará como un acordeón, tal e como se aprecia na foto.

Cociñado cabaza

  • Mollamos a cabaza, escorrémola e introducímola nun recipiente de micro uns 6 minutos. Despois, colocarémola nunha fonte, engadirémoslles aceite e sal e introducirémola no forno uns 7 minutos a 200º.
  • Se non queredes utilizar o micro no proceso, regade a cabaza con aceite e sal e introducídea  no forno pero o tempo neste caso será 1 hora a 190º de temperatura.

Preparación salsa cobertura

  • Nunha tixola cun pouco de aceite virxe douramos un dente de allo moi picadiño. Cando colla un mínimo de cor, engadimos unha manchea de piñóns e outra de pipas de cabaza. Cando as dúas estean douradas, engadimos uns arandos secos e cando cambien a cor, unhas follas de alfábega picadas. Remexemos, retiramos do lume para que non se queime a alfábega e reservamos.

Preparación salsa base

  • Na mesma tixola que acabamos de usar poñemos: 1 terrina de requeixo e 100 grs de queixo Grana Padano relado. Quentamos, derretemos os queixos e gardamos a salsa resultante.

Presentación

  • Nunha fonte ou prato de presentación poñemos unha base da crema de queixos. Sobre ela, a cabaza asada e por enriba o aceite de allo, piñóns, pipas, arandos e alfábega que tiñamos reservado.  Engadimos sal e pementas moídas.

Notas

Este prato, que  me encantou nada máis velo,  pilleino no perfil de IG VIKIKACOSTA. Eu, coma sempre, non puiden evitar facer algúns pequenos cambios e intentei, e conseguino, reducir o tempo de asado, que era dunha hora na receita orixinal. Simplemente, como fago sempre que podo e sen que se note no resultado, introducindo previamente a cabaza xa precortada 6 minutos no microondas.