Go Back
+ servings

Torta de piña colada

A torta de piña coada é unha sobremesa refrescante que se elabora sen necesidade de acender o forno, polo que resulta especialmente apetecible durante a época estival, pero con tanta versatilidade como para ser tamén unha sobremesa ideal para os fríos días do Nadal.
Sabor suave que combina piña e coco, recordando o famoso cóctel. É unha versión sen alcohol apta para toda a familia.
Etiqueta/s:Froitas, Sobremesa doada, Torta
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Refrigeración8 hours
Prato Sobremesa
Cociña Latina
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 Molde desmontable de 20 cm
  • 1 Cazo

Ingredientes
  

  • 1 lata leite de coco
  • 1 lata piña en rodas
  • 2 sobres callada
  • 200 g galletas
  • 110 g manteiga temperatura ambiente
  • 50 g coco relado
  • 2 cdas azucre

Elaboración paso a paso
 

  • Trituramos o paquete de galletas ata convertelas en po.
  • Engadímoslle a manteiga e mesturamos ata formar unha masa homoxénea. Botámola sobre o noso molde desmoldable para crear a base da torta.
  • Trituramos a piña, botamos o leite de coco, o azucre e un pouco máis da metade do líquido da lata de piña e poñémolo a ferver.
  • Disolvemos a callada nun vaso cun pouquiño do líquido da piña que nos queda e botámolo ao noso cazo. Remexemos ata que volva ferver.
  • Apartamos do lume e cando perda un pouco a calor, botámolo sobre a nosa base con coidado.
  • Deixamos arrefriar toda a noite (unhas 8 horas).
  • Decoramos co coco relado, desmoldamos e a desfrutar.