Cortar a cabaza en lonchas finas, así ásase antes. Dispoñer nunha bandexa de forno con aceite de oliva e mais sal. Meter no forno durante 20 minutos aproximadamente a 180 graos.
Nunha tixola pasar a cebola picadiña, 5 minutos.Engadir o polo en dados pequenos e cociñar 5 minutos.
Engadir os cogomelos, sal, especias e cociñar 5 minutos máis. Reservar.
Sacar a cabaza do forno, machucar para formar un puré. Reservar.
Nunha tixola, facer o bechamel: derreter a manteiga, engadir a maicena e cociñar 5 minutos. Agregar o leite quente, remexer ata que espese. Engadir sal e noz moscada.
Incorporar ao bechamel o puré de cabaza e mesturar para integrar.
Formar a lasaña en fontes individuais ou nunha grande. Se son pequenas, mellor cortar as placas e alternar capas de bechamel, pasta e polo con cogomelos.
Engadir queixo relado, meter no forno 20 minutos e 5 minutos máis de grill.