Go Back
+ servings

Arañas e momias de Samaín

Dúas receitas moi divertidas para un Samaín terrorífico
Etiqueta/s:Samaín
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Aperitivo
Cociña Internacional
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Pota
  • 1 bandexa para forno

Ingredientes
  

  • 1 ud masa de follado
  • 12 uds salchichas
  • 400 g espaguete
  • 200 g salsa de tomate
  • 1 ud ovo
  • kétchup

Elaboración paso a paso
 

Para as momias:

  • Cortar a lámina de follado en tiras finas coa axuda dun cortapizzas.
  • Pechar as salchichas de dúas en dúas para formar as momias coas tiras de follado.
  • Dispoñelas nunha bandexa de forno, pincelar con ovo batido e meter no forno 20 minutos a 180 graos.
  • Unha vez fóra do forno, pintarlle a cada unha dous ollos con ketchup.

Para as arañas:

  • Cortar as salchichas en 4 anacos cada unha e cortar os espaguetes para facelos máis curtos
  • Atravesar cada anaco de salchicha con 4 espaguetes cortados. Cando estean todos listos ferver en abundante auga con sal 10 minutos. Cocer tamén o resto dos espaguetes.
  • Escorrelos espaguetes e engadirlles a salsa de tomate. Servir coas arañas enriba e facerlles ollos con salsa de tomate.