Go Back
+ servings

Brownie de garavanzos

Ninguén podería adiviñar cal é o ingrediente principal deste brownie só con probalo. Unha opción de doce proteico, supernutritivo e fácil de hacer.
Etiqueta/s:De base vexetal, Froitos secos, Sobremesa doada, Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción40 minutes
Tempo total45 minutes
Prato Almorzo, Merenda, Sobremesa
Cociña Americana
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 Bowl
  • 1 taza
  • 1 Molde rectangular
  • 1 Espátula
  • Papel vexetal

Ingredientes
  

  • 400 g garavanzos cocidos
  • 150 g chocolate negro
  • 100 g crema de cacahuete
  • 80 g fariña de améndoa
  • 150 ml leite de abelás
  • 1 cda vainilla
  • 1 cdiña lévedo químico
  • 1 chisco sal
  • Sirope de agave
  • Pistachos
  • Chips de chocolate

Elaboración paso a paso
 

  • En primeiro lugar, fundimos o chocolate ao baño maría.
  • Por outra parte, nun bol grande botamos os garavanzos cocidos, a crema de cacahuete, a fariña de améndoas, o leite de abelás, o lévedo, a vainilla e o sal.
  • Integramos o chocolate fundido e trituramos ata crear unha masa homoxénea.
  • Probamos a mestura e engadimos xarope de agave ao gusto; por aquí engadimos 3 culleradas.
  • Engadimos pistachos triturados e chips de chocolate.
  • Engadimos a mestura a un molde apto para forno forrado con papel vexetal.
  • Enfornamos durante 40 minutos a 180º.
  • Deixamos arrefriar completamente e listo.