Go Back
+ servings

Bocadiños de bacallau

Estes bocadiños de bacallau que hoxe imos marcar aquí, están moi inspirados nos "bolinhos de bacalhau" portugueses.
Para o meu gusto, o problema que poden ter estes bocadiños de bacallau é que estean un pouco densos de máis. Isto ímolo evitar engadíndolle á receita uns ovos coas claras a punto de neve; así, quedarán máis lixeiros e esponxosos.
Autor/a: Carmen Albo - Guisándome la vida
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción25 minutes
Tempo total40 minutes
Prato Aperitivo, Entrante
Cociña Portuguesa
Racións 4 personas

Equipamento

  • 1 cazo ou tixola (fonda para fritir)
  • 1 Tarteira
  • 1 batedora
  • 1 recipiente para mesturar

Ingredientes
  

  • 300 g bacallau desalgado
  • 400 g patacas medianas
  • 2 ovos
  • 400 ml aceite de oliva
  • 1/2 cda allo en po
  • 1/2 cda cebola en po
  • 3 ramas pirixel
  • sal
  • 200 g tomate frito
  • salsa picante (ao gusto)

Elaboración paso a paso
 

Cocción patacas:

  • Cocemos as patacas con pel no micro (9 minutos) ou nunha tarteira de forma habitual, ata que estean ben brandas. Reservamos.

Preparación masa bocadiños:

  • Nun batedor trituramos o bacallau desalgado co pirixel. Condimentamos coa cebola e co allo en po.
  • Pelamos as patacas e esmagámolas. Engadimos o bacallau triturado e condimentado e mesturamos. Probamos o punto de sal e, de ser necesario, engadimos máis. Incorporamos á mestura, primeiro as 2 xemas de ovo e despois, con movementos envolventes,  as dúas claras a punto de neve.

Fritura:

  • Nun cazo ou nunha tixola con aceite de oliva, quente pero sen ferver, imos deixando caer culleradas da masa de bacallau.
  • Deixámolas fritir, virándoas ata que estean douradiñas. Deixamos escorrer ben os bocadiños de bacallau sobre papel de cociña.

Empratado:

  • Servímolos acompañados de salsa de tomate adubiada cun chisco (mellor, bastante) de Tabasco chipotle e mais de pirixel picado.