Go Back
+ servings

Crema de chocolate con cacahuetes

Crema de chocolate caseiras con toppins de cacahuete envoltos en chocolate. Unha sobremesa moi doce e sinxela de facer. Ideal para toda a familia.
Autor/a: Lucía Sigler Rodríguez - Lambonadas de Galicia
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tiempo de reposo3 hours
Prato Postre, Sobremesa
Cociña Española
Racións 9 persoas

Equipamento

  • 1 Cazo fondo Quentar a crema
  • 1 Varas Para remexer
  • 9 Vasiños Para empratar

Ingredientes
  

  • 250 g Chocolate con leite para sobremesas
  • 750 g Leite
  • 1 Bolsa Cacahuetes bañados en tres chocolates
  • 1 Sobre Callada
  • 3 Cucharadas Leite condensado Pódese substituír por azucre

Elaboración paso a paso
 

  • Quentamos o leite nun cazo e engadímoslle o chocolate partido en onzas.
  • Deseguido, engadímoslle o sobre de callada. Remexemos ata disolvela e que non queden grumos. Deixamos no lume ata que rompa a ferver.
  • Neste punto engadimos as 3 culleradas de leite condensado, retiramos do lume e deixamos que perda calor.
  • Mentres, partimos unha manchea de cacahuetes e reservamos.
  • Escollemos os nosos vasiños e botámoslles uns poucos cacahuetes no fondo (unas 5 unidades está ben).
  • Coa nosa mestura xa morna, botamos os cacahuetes partidos e remexemos.
  • Finalmente, botamos a crema nos vasos e deixamos arrefriar antes de meter na neveira.
  • Antes de xantar, podemos decorar por enriba co resto de cacahuetes chocolateados que nos quedaron.