Go Back
+ servings

Arroz á cubana

O arroz á cubana é típico da illa que lle dá nome, pero popularizouse en case todo o mundo. O seu ingrediente máis destacado é o plátano, que se serve frito a carón do arroz, acompañado de salsa de tomate.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo de repouso5 minutes
Tempo total40 minutes
Prato Petisco, Prato principal
Cociña Americana
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Tixola mellor se é especial para arroces
  • Pota mediana

Ingredientes
  

  • 300 g de arroz blanco o ideal é que sexa redondo e suave
  • 1 plátano macho mellor bastante maduro
  • 3 tomates

Elaboración paso a paso
 

  • Poñer a lume lento un chorro de aceite de oliva nunha pota mediana. Despois, poñer un pouco de allo e de cebola picada e remexer un pouco cunha culler de madeira.
  • Botar un bol ou un vaso cos 300g de arroz na pota e seguir a remexer uns segundos.
  • Botar na pota unha cantidade de auga que sexa dobre da de arroz (ao redor de medio litro).