Go Back
+ servings

BACALLAU SKREI Á GALEGA EXPRESS

Moitas veces, deixamos de comer peixe porque nos parece que imos ter que empregar moito tempo en cociñalo para que nos quede rico, pero esta receita de bacallau skrei á galega e rápido é a proba de que se pode cociñar moi san e moi rico utilizando o vapor e usando o microondas.
Autor/a: Guisando a vida - Carmen Albo
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total25 minutes
Prato Prato principal
Cociña Gallega
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Estoxo de silicona para microondas ou recipiente adecuado para cociñar no micro
  • Xerra ampla apta para micro , a xerra debe ser ampla para que non se verta a allada cando incorporemos o vinagre

Ingredientes
  

  • 600 g de lombos de bacallau skrei (2 lombos)
  • 2 patacas medianas
  • 100 g de chícharos conxelados
  • 100 ml de aceite de oliva virxe
  • 2 culleradas de vinagre de Xerez
  • 1 culleradiña de pemento doce
  • 3 dentes de allo
  • sal ao gusto

Elaboración paso a paso
 

ALLADA GALEGA EN MICROONDAS

  • Nunha xerriña apta para micro e ben ampla,  poñemos 100 ml de aceite de oliva virxe. Engadimos sal fino e 3 dentes de allo pelados e picados moi finos e introducímola no micro a máxima potencia durante 2 minutos. Ao ver o resultado, temos que ver un allo picado e lixeiramente dourado. Se aínda non o está, dámoslle 30 segundos máis.
  • En canto estea dourado o allo, engadimos 3 culleradas de vinagre de Xerez. Veremos que empeza a facer burbullas e que sobe. Esperamos a que arrefríe lixeiramente (necesitamos unha xerra ampla; se non, ao engadir o vinagre poderíase verter).  Incorporamos 1 culleriña de sobremesa de pemento doce da Vera e remexemos ben. 

COCIÑADO BACALLAU

  • Nun recipiente adecuado para microondas, colocamos as rodas de pataca ben lavadas e molladas, evitando que se superpoñan. Salgámolas lixeiramente e introducímolas en microondas 3 ou 3,5  minutos a máxima potencia.Colocamos enriba das patacas os 2 lombos de bacallau lavados e ben  mollados. Salgamos lixeiramente, e introducimos en microondas uns 2 minutos tamén a máxima potencia.
  • Comprobamos que tanto patatas como bacallau están perfectamente feitos ao vapor.

PRESENTACIÓN

  • Empratamos colocando o lombo de bacalao sobre as rodallas de pataca e engadindo os chícharos sobre elo. Aproveitamos o xugo do pescado e o vertemos no prato. Terminamos engadindo nosa ajada exprés, enriba e ben quente.