Go Back
+ servings

Sopa Minestrone

A sopa minestrone é una sopa típica italiana típica dos meses de inverno. Unha receita moi saborosa e chea de vitaminas e de minerais pola variedade de verduras que leva.
Autor/a: Viki Lorenzo
Imprimir receita
Tempo total45 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Italiana
Racións 3 persoas

Equipamento

  • Tarteira
  • Coitelo para cortar verduras
  • Táboa para cortar verduras
  • Culler de madeira

Ingredientes
  

  • 1 cenoria
  • 1 cebola
  • 1/2 rama de apio
  • 1 pataca
  • 150 g de cabaza
  • 100 g de chícharos conxelados
  • 200 g de tomate pelado e cortado (conserva)
  • 200 g de feixóns conserva
  • auga , a cantidade necesaria
  • 2 culleradas de AOVE

Elaboración paso a paso
 

  • Cortar todas as verduras en dados duns 1,5 a 2 cm.
  • Sofritir con aceite de oliva virxe o apio, a cenoria e a cebola.
  • Despois duns minutos, engadir os tomates pelados e deixar cociñar 10 minutos a lume medio.
  • Despois, incorpora as patacas, a cabaza e os chícharos. Salpementar e cubrir con auga (ata cubrir as verduras). Deixar cociñar 25 minutos a lume medio.
  • Engade os feixóns cocidos e cociña 5 minutos máis.
  • Por último, rectifica o punto de sal e sirve.

Video