Go Back
+ servings

Ramen Rápido

Desfruta deste ramen en tempo récord. Se che apetece algo diferente, cun caldo ben quente, pero sobre todo, moi saboroso, ten á man esta receita. A mellor forma é comelo acabadiño de facer e moi quente.
Autor/a: Patricia Menéndez
Etiqueta/s:Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total30 minutes
Prato Prato principal
Cociña Oriental
Racións 2 racións

Equipamento

  • Cacerola
  • Táboa de madeira
  • Coitelo
  • Cullerón madeira
  • Cazo ou tixola pequena

Ingredientes
  

  • 1 cullerada de tahini
  • 1 cullerada de folliñas de chile (opcional)
  • 1 cullerada de salsa de soia
  • 4 cogomelos shiitake
  • 1 pack choi
  • 1 cenoria
  • 1 paquete de fideos orientais
  • 1 cartón de caldo de verduras
  • 1 paquete de bocados de soja
  • 1 culleradiña de sementes de sésamo
  • 1 chisco de coandro fresco

Elaboración paso a paso
 

  • No fondo dun bol pon unha culleradiña de tahini, unha culleradiña de salsa de soia e unhas folliñas de chile.
  • Nunha cacerola pon un litro de caldo de verduras e, cando rompa a ferver, engade o paquete de choi cortado en catro partes e os cogomelos shiitake. Coce durante 5 min.
  • Coce tamén os fideos como che indique o fabricante, escórreos e colócaos no bol, verte caldo por enriba ata cubrir, o paquete choi e a cenoria relada ou cortada co pelador de verduras, saltea os bocados e coloca sobre os fideos tamén.
  • Para finalizar o prato decora con sementes de sésamo e coandro fresco picado.