Go Back
+ servings

Empanada de raxo e marmelada de pementos

Empanada de raxo con marmelada de pementos é unha receita sinxela, ideal para comer en familia. A combinación de sabores é excelente.
Autor/a: Lucía Rodríguez - Lamobonadas de Galicia
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción25 minutes
Tempo de repouso45 minutes
Tempo total1 hour 40 minutes
Prato Acompañamento
Cociña Galega
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Forno
  • Tixola para saltear os ingredientes
  • Pincel de cocina para pintar a empanada

Ingredientes
  

  • 2 masas de empanada
  • 1 bote de mermelada de pementos
  • 1 cebola
  • 3 champiñóns
  • 1 ovo para pintar a masa
  • 450 g de raxo

Elaboración paso a paso
 

Zaragallada

  • Cortamos o raxo en filetes finos e despois en pequenos bocados.
  • Salpementamos e selamos lixeiramente nunha tixola ben quente.
  • Cortamos a cebola e os champiñóns e pasámolos tamén pola tixola

Empanada

  • Prequentamos o forno a 200ºC.
  • Estendemos unha capa da nosa marmelada de pemento sobre a masa, repartimos a cebola e os champiñóns e, por último, colocamos enriba a carne, asegurándonos que estea ben chea en todos os sitios.
  • Estiramos a segunda masa sobre a mesa e cortamos medio centímetro polo lado longo e outro polo lado curto, así quedarannos dúas tiras para decorar e ao pechar a empanada será máis doada e bonita.
  • Colocamos a masa tapando e pechamos os bordos con coidado para que quede  completamente selada. Decoramos coas dúas tiras que acabamos de sacar. 
  • Batemos un ovo e pincelamos  por enriba a empanada para que unha vez enfornada, teña unha bonita color. Facemos un burato na parte central cun coitelo para que saia o vapor..
  • Enfornamos uns 25 minutos aprox., aínda que recomendo seguir sempre as instrucións de tempo que indica o voso paquete. 
  • Deixamos arrefriar e a desfrutar.