Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

serradura portuguesa scaled 1

Serradura portuguesa

Se buscas unha sobremesa rápida, sen complicacións e cun sabor irresistible, a serradura portuguesa é a opción perfecta. Tamén coñecida como pudin de nata e galleta, esta receita tradicional de Portugal elabórase con só uns poucos ingredientes: nata montada, leite condensado e galletas trituradas. A súa textura suave e cremosa, combinada co crocante das galletas, convértea nun doce que namora a calquera. O mellor de todo é que non precisa forno e prepárase en minutos, ideal para sorprender cun toque doce sen esforzo. Sigue lendo para descubrir como facer esta delicia na casa!
Etiqueta/s:Leite condensado, Nata, Sen forno, Sobremesa, Sobremesa doada
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Portuguesa
Racións 8 persoas

Equipamento

  • Batedor
  • Espátura para mesturar
  • Botes de cristal
  • Bolsa para esmagar as galletas

Ingredientes
  

  • 500 g nata para montar
  • 1 paquete galletas María Dorada
  • 250 g leiche condensado

Elaboración paso a paso
 

  • Semi montamos a nata con un batedor.
  • Engadimos o leite condensado e mesturamos con movementos envolventes coa axuda dunha espátula. Reservamos na neveira.
  • Metemos case todas as galletas nunha bolsa e partímolas. Tamén podes facelo cunha picadora, pero ten coidado de non rompelas demasiado, pois o chiste desta sobremesa é encontralas en tamaños diferentes.
  • Collemos os nosos botes e botamos no fondo un pouco de galleta partida. Despois, un pouco da nosa crema e outro pouco de galleta triturada. Podemos repetir noutro ou rematalo xa cunha galleta mini enriba.

Notas

Os botes onde os fagas é mellor que sexan de tamaño pequeno.
É unha sobremesa que enche moito, eu recomendo botarlle 250 g de leite condensado. Se para ti necesita máis doce, engádeo en proporción, pero pensa que as galletas tamén son doces.

VOLVER