Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

c41c30f5 23d9 48cd 8266 a44d98eabb75

Mousse de albaricoque

Aproveita ao máximo a tempada de albaricoques con esta receita lixeira e deliciosa. Este mousse combina o mellor da froita fresca cunha preparación sinxela e rápida, ideal para quen busca unha sobremesa suave, baixa en azucre e cun toque saudable. Perfecto para refrescarse!
Etiqueta/s:Baixa en azucre, Froitas, mousse, Sen glute
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción5 minutes
Tiempo de repouso8 hours
Tempo total8 hours 20 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 6 persoas

Equipamento

  • 1 Microondas
  • 1 Batedor para triturar e bater
  • 6 Copas ou vasiños para empratar

Ingredientes
  

  • 250 g albaricoques (sen óso)
  • 40 g azucre
  • 4 láminas xelatina
  • 250 ml nata para montar
  • 1 bote marmelada de albaricoque. Para decorar

Elaboración paso a paso
 

  • Quitámoslle o óso á froita, cortámola e triturámola.
  • Apartamos a metade da froita triturada e quentámola 2 minutos no microondas.
  • Deseguido, engadímoslle o azucre e mais a xelatina e remexemos. 
  • Deixamos que perda a calor e engadimos o resto da froita triturada.
  • Engadimos unhas culleres de froita triturada no fondo das nosas copas.
  • Semimontamos a nata e engadimos o albaricoque triturado. Remexemos todo ata que a mestura quede homoxénea.
  • Vertemos sobre as copas, sobre boles ou sobre o que teñamos pola casa. Podemos axudarnos botándoo nunha manga pasteleira e despois na copa. 
  • Deixamos arrefriar na neveira, mínimo, un par de horas. O ideal, toda a noite. 

VOLVER