Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

gadisa chips garbanzo portada

Chips de garavanzo

Os chips de garavanzo son unha alternativa saudable e deliciosa. Crocantes, lixeiros e naturalmente sen glute, prepáranse de maneira sinxela e resultan perfectos para acompañar con salsas, guacamole ou simplemente gozar sós como un snack nutritivo. Ademais de ser unha opción lixeira os garavanzos achegan proteínas, fibra e enerxía de calidade, convertendo estes chips nun bocado ideal para calquera momento do día.
Etiqueta/s:Aperitivo, Saudable, Sen glute, Sinxelo, snack
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción18 minutes
Tempo total28 minutes
Prato Aperitivo
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Bowl
  • 1 Cullerada
  • Varillas
  • Bandexa de forno
  • Papel vexetal

Ingredientes
  

  • 120 g fariña de garavanzo
  • 1 cda aceite de oliva
  • 1 cda orégano
  • 1 pizca sal
  • 160 ml auga

Elaboración paso a paso
 

  • Mesturar nun bol todos os ingredientes ata obter unha masa homoxénea.
  • Dispoñer culleradas de masa nunha bandexa de forno con papel vexetal, formando círculos moi finos.
  • Enfornar a 200 graos 15-20 minutos.
  • Deixar arrefriar completamente, quedarán con textura lixeiramente crujiente.

VOLVER