Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

caldo gallego 07 1 1 e1750152805962

Caldo galego

O caldo galego é unha receita tradicional reconfortante, feita con grelos, patacas, fabas e unto, que recolle a esencia do rural galego. A calidade dos ingredientes frescos e de tempada é clave para acadar o seu sabor característico. É un prato sinxelo pero profundamente arraigado na cultura gastronómica de Galicia.
Etiqueta/s:Caseiro, Tradicional
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción1 hour 30 minutes
Remojo legumbres y lacón12 hours
Tempo total13 hours 50 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Galega
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 ola grande para cocer todo o caldo
  • 1 Coitelo para picar patacas e grelos
  • 1 Táboa de cortar para preparar os ingredientes
  • 1 Culler de cociña para remover e comprobar o punto de cocción
  • 1 Cunca grande para poner a remollo as fabas e o lacón
  • 1 Espumadeira para retirar as carnes do caldo

Ingredientes
  

  • 50 g fabas pequenas
  • 500 g de pataca pelada
  • 1 presada de grelos (aproximadamente 500gr)
  • 300 g de óso de espiñazo de porco
  • 250 g de lacón (poñer a remollo se é salgado)
  • 50 g de unto
  • 150 g de touciño de porco salgado
  • Sal
  • Chourizo (engadir se se desexa)

Elaboración paso a paso
 

  • Poñer as fabas a remollo a noite anterior. Se o lacón é salgado, tamén debe poñerse a remollo para desalalo.
    caldo gallego 01 1 1
  • Nunha pota grande con auga, cocer o óso de espiñazo, o lacón, o unto e o touciño ata que estean tenros pero sen desfacer. Retiralos do caldo.
    caldo gallego 03 1 1
  • Engadir as fabas ao mesmo caldo e cocelas ata que estean a medio facer.
    caldo gallego 04 1 1
  • Picar as patacas rompéndoas co coitelo (non cun corte limpo) e engadilas ao caldo xunto coas fabas. Cocer todo xunto.
    caldo gallego 05 1 1
  • Lavar os grelos e cortalos finamente. Engadilos á pota cando as patacas estean case feitas.
    caldo gallego 06 1 1
  • Cocer todo xunto ata que os grelos estean ben cocidos. Rectificar de sal ao gusto.
  • Deixar repousar uns minutos antes de servir. Pódese engadir chourizo ao gusto.

VOLVER