Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

brownie extra choco 2 scaled 1

Brownie con extra de chocolate

Brownie con extra de chocolate, crocante por fóra e zumento por dentro. Ideal para sorprender a túa parella. Moi doce.
Etiqueta/s:brownie, Chocolate, doce, tentación
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo total35 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Americana
Racións 10 persoas

Equipamento

  • 1 Molde
  • Varas
  • 2 Boles
  • 1 Forno

Ingredientes
  

  • 200 g de chocolate para sobremesas
  • 3 chocolate para sobremesas
  • 300 g de azucre
  • 180 g de manteiga
  • 180 g de fariña
  • 5 g de fermento
  • 40 g de pebidas de chocolate
  • 120 g de noces

Elaboración paso a paso
 

  • Derretemos o chocolate coa manteiga ao baño maría 
  • Por outro lado, batemos os ovos co azucre ata que a mestura se volva máis clariña.
  • Prequentamos o forno a 180 ºC.
  • Engadimos o chocolate derretido á mestura e remexemos.
  • Incorporamos a fariña, as noces e as pebidas de chocolate. Remexemos ata integrar.
  • Vertemos a masa nun molde e metemos no forno a 180 ºC durante 20 minutos aproximadamente.
  • Sacamos do forno e listo. Podemos comer tanto morno coma frío.

VOLVER