Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

bonito en escabeche fino portada

Bonito en escabeche fino

O bonito en escabeche é un clásico da nosa cociña, nesta receita o equilibrio é a clave, e cada ingrediente acompaña con sutileza, sen impoñerse.
O resultado é un prato cheo de matices, onde a textura e o sabor do bonito mantéñense en primeiro plano, realzados por un escabeche suave, aromático e delicado.
Etiqueta/s:bonito, Escabeche, Peixe, Sen glute
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo total35 minutes
Prato Prato principal
Cociña Española
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 Tarteira ou tixola ampla

Ingredientes
  

  • 1,3 kgs bonito do norte amplo
  • 1 Cebola vermella
  • 1 Ceboleta
  • 1 Allo porro
  • 3 Cenorias
  • 2 vasos aceite de oliva
  • 2 vasos vinagre de mazá
  • 2 vasos viño branco galego
  • Sal ao gusto
  • Pementas variadas ao gusto

Elaboración paso a paso
 

  • Pedimos na peixaría  que nos limpen de espiñas e pel o  anaco de bonito do norte. Eu tamén lle retiro toda a zona de sangue vermello chamada sangacho,  porque, para o meu gusto,  dálle un sabor moi forte e marcado ao peixe.
  • Partimos  os lombos xa limpos en dados duns 3 x 3 centímetros e reservamos.
  • Con axuda dunha mandolina cortamos moi finos: 3 cenorias, 1 ceboliña, 1 cebola vermella pequena e a parte branca dun allo porro.
  • Colocamos as hortalizas nunha tarteira ampla,  engadimos 2 vasos (tamaño viño) de aceite virxe, sal e acendemos o lume. Deixamos pochar as verduras uns 5 minutos e, a continuación,  engadimos bolitas de pementas variadas,  outros 2 vasos de vinagre de mazá (moito máis suave) e 2 vasos de viño branco galego. Deixamos cociñar 2 minutos a lume forte para que se evaporen os alcois.
  • Pasado este tempo, baixamos un pouco o lume e tapamos para que non se nos evapore máis líquido. Deixamos cociñar 15 minutos ou ata que comprobemos que a cenoria este enteira pero non dura.
  • Volvemos poñer ao lume a toda potencia  e, cando o escabeche estea a ferver a lume de biqueira,  é o momento de engadir os anacos de bonito reservados  e de salgalos.
    IMPORTANTE: nese momento, tapamos a tarteira e retirámola do lume.
  • Deixamos que a calor residual faga o milagre mentres o bonito repousa no seu escabeche durante 10 minutos. Pasado ese tempo,  con coidado,  dámoslle a volta a  todos os anacos. Volvemos tapar e deixamos outros 10 minutos ata se termine de facer o peixe.
  • Xa só nos queda acompañalo duns cachelitos feitos no micro en 5 minutos e gozar ao instante dunha comida sa e marabillosa cada vez que cheguemos acalorados da praia ou do traballo.

VOLVER