Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

bombones de navidad 1

Bombóns de Nadal

Para un bocado doce saudable e rápido de facer neste Nadal ou…  cámbialle o molde e prepáraos todo o ano
Etiqueta/s:bocado, bombóns, Chocolate, doce
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Sobremesa

Equipamento

  • 1 Pota
  • 1 Molde de bombóns

Ingredientes
  

  • 1 Cunca Gotas chocolate
  • 1/4 Cunca Turrón brando
  • 2 Culleradas sopeiras Aceite de coco
  • 1 Cullerada sopeira Cacao en po
  • 1 Cullerada  Sirope de ágave 

Elaboración paso a paso
 

  • Derrete todos os ingredientes ao baño maría. Mestura ben ata que se derretan totalmente. Agora verte a mestura amodiño en cada espazo destinado aos bombóns. Axúdate dunha manga pasteleira. Éncheos ata arriba e despois mete o molde no conxelador, como mínimo, durante unha hora.
  • Unha vez que os bombóns están suficientemente fríos desmóldaos con coidado e pásaos á neveira. Estes chocolates cómense un pouco fríos!

VOLVER