SORTEO 225 XEADEIRAS NINJA CREAMI
Do 12/05 al 13/11, 2026
Este mes de maio, en Gadis refrescamos as túas compras cun sorteo irresistible. ¡Sorteamos 225 xeadeiras Ninja NC 302EU Creami! Unha en cada supermercado Gadis e outra máis en Gadisline.
Por cada 25€ de compra, do 14 ao 30 de maio de 2026, conseguirás unha participación para entrar no sorteo e levar para a casa a xeadeira do momento.
¿Como participar? ¡Moi fácil!
Só tes que cubrir cos teus datos o cupón que che entregaremos ao realizar a túa compra e depositalo na urna habilitada no teu supermercado Gadis habitual.
Se fas a túa compra en Gadisline, as túas participacións xeraranse automaticamente por cada 25€ de compra. Só terás que completar a túa inscrición no sorteo a través do botón habilitado para iso.
O sorteo celebrarase o 30 de maio de 2026 ao peche de cada supermercado Gadis, mentres que a persoa gañadora de Gadisline seleccionarase o 1 de xuño de 2026.
As persoas gañadoras anunciaranse en cada establecemento e poderán ser contactadas directamente pola organización.
Podes consultar as Bases Legais desta promoción aquí.
¡Moita sorte e a desfrutar do verán con Gadis e Ninja Creami!
BASES LEGAIS
1. COMPAÑÍA ORGANIZADORA
GADISA RETAIL, S.L.U., con CIF B15735590 e domicilio social no Polígono de Piadela, s/n, Betanzos, A Coruña e código postal 15300, levará a cabo unha promoción do 14 ao 30 de maio de 2026, ambos incluídos, que se desenvolverá en todos os supermercados físicos Gadis e na tenda online (Gadisline), ámbito nacional.
A organización resérvase o dereito a modificar, en calquera momento, as condicións da presente promoción por causa xustificada, erros, erratas ou causas de forza maior, sen asumir responsabilidade algunha por esta modificación.
2. PERÍODO DE VIXENCIA
O período de vixencia comeza o 14 de maio e finaliza o 30 de maio de 2026, ambos incluídos.
3. PREMIO
Sortearanse 225 premios (1 premio por cada establecemento Gadis e 1 en Gadisline).
Cada premio consiste en: unha (1) xeadeira Ninja NC 302EU Creami
Os gañadores serán as persoas seleccionadas no sorteo.
Os premios son persoais e intransferibles, non poderán ser obxecto de cambio, alteración ou cesión por parte do gañador; nin poderán cambiarse polo seu valor en metálico.
Por causa de forza maior ou a discreción de Gadisa Retail S.L.U., o premio poderá ser substituído por outro equivalente.
4. CONDICIÓNS E PLATAFORMA DE PARTICIPACIÓN
O período de vixencia comeza o 14 de maio e finaliza o 30 de maio de 2026, ambos incluídos.
A participación é voluntaria e gratuíta, xa que o cupón de participación que se entrega ao cliente non supón para este incremento ningún do custo ordinario da súa compra.
Poderán participar na promoción as persoas físicas:
• Maiores de 18 anos antes do peche de participacións,
• Con residencia legal en España,
Os participantes, polo mero feito de participar na presente promoción, aceptan estas bases e o criterio de GADISA RETAIL, S.L.U. en canto á resolución de calquera cuestión derivada do sorteo.
As bases do sorteo están suxeitas a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora, erros, erratas ou causas de forza maior.
5. MECÁNICA DO SORTEO
Poderase participar da seguinte forma:
Durante o período da promoción, é dicir, do 14 ao 30 de maio de 2026, ambos incluídos, por cada 25€ de compra entregarase ao cliente co seu ticket de compra un cupón; que deberá cubrir e depositar na urna habilitada para tal fin na súa tenda.
Cada cupón depositado será unha participación no sorteo.
Consideraranse nulos, de cara á súa participación no sorteo, aqueles cupóns que non acheguen a totalidade dos datos persoais requiridos.
Neste respecto, non estarán permitidas as participacións cuxo contido se considere inadecuado, ofensivo, inxurioso, discriminatorio ou que poidan vulnerar dereitos de terceiros, reservándose a entidade organizadora a posibilidade de descualificar aos participantes que incorran nisto e de denunciar este contido.
GADISA RETAIL, S.L.U. non se responsabiliza das posibles perdas, deterioros, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros ou ao propio gañador que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción ou ao premio.
A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte destas Bases implicará a exclusión do participante, polo que GADISA RETAIL S.L.U. quedará liberada de calquera cumprimento e obriga contraídos con dito participante.
GADISA RETAIL S.L.U. resérvase o dereito de non admitir ou excluír aos participantes ou gañador da presente promoción que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nestas bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no caso de que ditos erros ou falsidades impidan a identificación do gañador do premio.
Mecánica do sorteo en Gadisline
No caso de compras realizadas a través de Gadisline durante o período da promoción, do 14 ao 30 de maio de 2026, ambos incluídos, por cada 25€ de compra o cliente xerará automaticamente participacións no sorteo.
Non obstante, para que ditas participacións sexan válidas, o cliente deberá completar expresamente a súa inscrición no sorteo mediante a acción habilitada para tal efecto premendo o botón de inscrición. No caso de non realizar dita inscrición, as participacións xeradas non serán tidas en conta.
A inscrición implicará a aceptación destas bases e o uso dos datos facilitados no proceso de compra para a xestión do sorteo.
Cada pedido que cumpra co importe mínimo establecido xerará tantas participacións como múltiplos de 25€ conteña o importe total da compra.
6. ELECCIÓN E ANUNCIO DE GAÑADORES
O sorteo celebrarase o día 30 de maio de 2026 en cada un dos 224 establecementos Gadis, ao peche dos mesmos.
Para iso, o responsable de cada Gadis extraerá ao azar, da urna na que se depositaron os cupóns, un cupón cuxo titular lle corresponderá 1 xeadeira Ninja NC 302EU Creami.
Cada establecemento Gadis informará do nome do gañador do seu sorteo a través dun cartel exposto no propio establecemento.
A validación e entrega dos premios aos gañadores quedará condicionada á publicación dos seus datos persoais na relación de gañadores de cada tenda. A organización resérvase o dereito de non entregar o premio aos gañadores que non permitan a publicación dos seus datos.
A organización resérvase o dereito de poder comunicar telefonicamente aos gañadores o resultado do sorteo.
O gañador terá ata o 30 de xuño de 2026 para reclamar o seu premio.
Se transcorrido o prazo para reclamar o premio o gañador non exerceu o seu dereito con Gadis en tempo e forma, o premio quedará deserto. Non haberá suplentes.
Elección en Gadisline
No caso das participacións correspondentes a compras realizadas a través de Gadisline, o sorteo celebrarase o día 1 de xuño de 2026, unha vez recompilados e verificados todos os datos de participación.
A selección do gañador realizarase mediante un sistema aleatorio entre todas as participacións válidas rexistradas neste canal, correspondendo 1 xeadeira Ninja NC 302EU Creami.
O nome do gañador poderá comunicarse a través dos canais dixitais da entidade organizadora e/ou mediante contacto directo utilizando os datos facilitados no proceso de compra.
Serán de aplicación ao gañador online as mesmas condicións relativas a validación, aceptación, prazo de reclamación e posible declaración de premio deserto recollidas nestas bases.
7. ENTREGA DO PREMIO
Para poder gozar do premio, o gañador terá que:
Confirmar por escrito a GADISA RETAIL, S.L.U. a aceptación do mesmo, mediante documento que lle será remitido por GADISA RETAIL, S.L.U., a aceptación do premio nun prazo máximo de 3 días desde a recepción de dito documento.
Unha vez confirmada a aceptación do premio, realizarase a súa entrega no supermercado indicado.
O gañador terá ata o 30 de xuño de 2026 para recoller o premio no supermercado Gadis indicado.
Se transcorrido o prazo para recoller o premio o gañador non exerceu o seu dereito con Gadis en tempo e forma, o premio quedará deserto.
8. FISCALIDADE
Será por conta de GADISA RETAIL, S.L.U. o pagamento do IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO correspondente ao valor do premio, así como a retención a conta do IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS, de acordo co establecido no vixente Regulamento do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto de 30 de decembro de 1991 nº 184/91.
Será por conta do agraciado a liquidación final de dito imposto na súa tributación persoal.
9. UTILIZACIÓN DO NOME DO GAÑADOR E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTA PROMOCIÓN
En caso de resultar gañador, GADISA RETAIL, S.L.U. poderá difundir o nome, apelidos e nome de usuario do gañador nos seus canais oficiais, incluíndo a súa páxina web, redes sociais e materiais promocionais; así como nos canais oficiais de potenciais terceiras partes que colaboren na promoción.
Ademais, GADISA RETAIL S.L.U. poderá solicitar ao gañador o seu consentimento expreso para captar e publicar a súa imaxe (fotografía e/ou vídeo) neses mesmos canais. Dito tratamento realizarase unicamente se o gañador presta o seu consentimento de forma libre, específica, informada e inequívoca, de acordo co artigo 6.1.a do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
O gañador poderá revogar este consentimento en calquera momento, sen que dita revogación afecte á licitude do tratamento realizado previamente. En caso de negativa a prestar o consentimento, isto non afectará ao seu dereito a recibir o premio obtido.
10. PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos (RXPD), e na LOPDGDD infórmase de que os datos persoais facilitados polos participantes serán tratados por GADISA RETAIL S.L.U. coa finalidade de xestionar a súa participación no sorteo, realizar a selección dos gañadores e suplentes, e proceder á entrega do premio correspondente.
Os datos de carácter persoal proporcionados con ocasión da participación na presente promoción: nome e apelidos, DNI e teléfono, serán tratados coa finalidade de xestionar o desenvolvemento da presente promoción e a entrega dos premios.
Así mesmo, o participante consente expresamente que, en caso de resultar gañador, os seus nomes e apelidos poidan ser publicitados na cartelería do supermercado Gadis, pertencentes ao colectivo de empresas de distribución comercial de GADISA RETAIL, S.L.U., que realiza o sorteo, así como na APP de Gadis (Gadis+) e/ou nas redes sociais de Gadis; co único propósito de dar transparencia ao resultado do sorteo.
A base xurídica que lexitima este tratamento é o consentimento que expresamente outorga ao aceptar as bases de participación no sorteo (art. 6.1 a) do RXPD, e o interese lexítimo de GADISA RETAIL S.L.U. en garantir a transparencia deste (artigo 6.1.f do RXPD).
Os datos dos participantes nos sorteos que non resulten gañadores serán destruídos, unha vez finalizado o mesmo. Os datos dos gañadores conservaranse durante o prazo necesario para cumprir coas obrigas legais aplicables.
Os participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade, dirixíndose por escrito a GADISA RETAIL S.L.U. no Polígono Piadela s/n 15300 de Betanzos (A Coruña) ou ao correo electrónico lopd@gadisa.es, indicando no asunto "Ref.- Sorteo Xeadeira 2026".
Así mesmo, se consideran que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente, poderán presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
A participación no sorteo implica a aceptación destas bases e da política de privacidade de GADISA RETAIL S.L.U.
11. DEPÓSITO DAS BASES ANTE NOTARIO
As bases da presente promoción están depositadas e protocolizadas ante o Notario do Ilustre Colexio de Galicia, D. Óscar Manuel López Doval.