SORTEO 224 ABONOS DOBRES PARA O SON DO CAMIÑO
Do 16/04 al 16/10, 2026
Este mes de abril, mercar en Gadis soa mellor ca nunca. Sorteamos 224 abonos dobres para O Son do Camiño 2026. ¡Un abono dobre en cada Gadis!
Por cada 25 € de compra, do 16 de abril ao 9 de maio, terás unha oportunidade de asistir ao festival do ano de maneira gratuíta con Gadis.
Como? Participar é moi sinxelo! Só tes que cubrir cos teus datos o boleto que che entregaremos ao efectuar a túa compra e depositalo na urna do teu Gadis de confianza.
O sorteo realizarase o 9 de maio ao peche de cada un dos nosos supermercados Gadis e colocarase un cartel en cada establecemento co nome da persoa gañadora.
Podes consultar as Bases Legais desta promoción aquí.
Moita sorte!
BASES LEGAIS
BASES LEGAIS SORTEO “224 ABONOS DOBRES O SON DO CAMIÑO”
1. COMPAÑÍA ORGANIZADORA
GADISA RETAIL, S.L.U., con CIF B15735590 e domicilio social no Polígono de Piadela, s/n, Betanzos, A Coruña e código postal 15300, levará a cabo unha promoción do 16 de abril ao 9 de maio de 2026, ambos incluídos, que se desenvolverá en todos os supermercados Gadis, ámbito nacional.
A organización resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, as condicións da presente promoción por causa xustificada, erros, erratas ou causas de forza maior, sen asumir responsabilidade ningunha por esta modificación.
2. PERÍODO DE VIXENCIA
O período de vixencia comeza o 16 de abril e finaliza o 9 de maio de 2026, ambos incluídos.
3. PREMIO
Sortearanse 224 premios (1 premio por cada establecemento Gadis).
Cada premio consiste en: un (1) abono dobre para acudir ao festival O Son do Camiño, que terá lugar en Santiago de Compostela (A Coruña) os días 18, 19 e 20 de xuño de 2026, válido para dúas persoas.
Os gañadores serán as persoas seleccionadas no sorteo.
Os premios son persoais e intransferibles, non poderán ser obxecto de cambio, alteración ou cesión por parte do gañador; nin poderán trocarse polo seu valor en metálico.
Por causa de forza maior ou a discreción de Gadisa Retail S.L.U., o premio poderá ser substituído por outro equivalente.
4. CONDICIÓNS E PLATAFORMA DE PARTICIPACIÓN
O período de vixencia comeza o 16 de abril e finaliza o 9 de maio de 2026, ambos incluídos.
A participación é voluntaria e gratuíta, xa que o cupón de participación que se entrega ao cliente non supón para este incremento ningún do custo ordinario da súa compra.
Poderán participar na promoción as persoas físicas:
- Maiores de 18 anos antes do peche das participacións,
- Con residencia legal en España,
Os participantes, polo mero feito de participar na presente promoción, aceptan as súas bases e o criterio de GADISA RETAIL, S.L.U. en canto á resolución de calquera cuestión derivada do sorteo.
As bases do sorteo están suxeitas a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora, erros, erratas ou causas de forza maior.
5. MECÁNICA DO SORTEO
Poderase participar da seguinte forma:
Durante o período da promoción, é dicir, do 16 de abril de 2026 ao 9 de maio de 2026, ambos incluídos, por cada 25€ de compra entregarase ao cliente co seu tícket de compra un cupón; que deberá cubrir e depositar na urna habilitada para tal fin na súa tenda.
Cada cupón depositado será unha participación no sorteo.
Consideraranse nulos, de cara á súa participación no sorteo, aqueles cupóns que non faciliten a totalidade dos datos persoais requiridos.
A este respecto, non estarán permitidas as participacións cuxo contido se considere inadecuado, ofensivo, inxurioso, discriminatorio ou que poidan vulnerar dereitos de terceiros, reservándose a entidade organizadora a posibilidade de descualificar os participantes que incorran niso e de denunciar este contido.
GADISA RETAIL, S.L.U. non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros ou ao propio gañador que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción ou ao premio.
A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das presentes Bases implicará a exclusión do participante, polo que GADISA RETAIL S.L.U. quedará liberada de calquera cumprimento e obriga contraídos co dito participante.
GADISA RETAIL S.L.U. resérvase o dereito de non admitir ou excluír os participantes ou gañador da presente promoción que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nas presentes bases, quedando eximida de calquera responsabilidade no suposto de que estes erros ou falsidades impidan a identificación do gañador do premio.
6. ELECCIÓN E ANUNCIO DE GAÑADORES
O sorteo celebrarase o día 9 de maio de 2026 en cada un dos 224 establecementos Gadis, ao peche destes.
Para iso, o responsable de cada Gadis extraerá ao azar, da urna na que se depositaron os cupóns, un cupón a cuxo titular lle corresponderá 1 abono dobre para o festival O Son do Camiño 2026.
Cada establecemento Gadis informará do nome do gañador do seu sorteo a través dun cartel exposto no propio establecemento.
A validación e entrega dos premios aos gañadores quedará condicionada á publicación dos seus datos persoais na relación de gañadores de cada tenda. A organización resérvase o dereito de non entregar o premio aos gañadores que non permitan a publicación dos seus datos.
A organización resérvase o dereito de poder comunicar telefonicamente aos gañadores o resultado do sorteo.
O gañador terá ata o 31 de maio de 2026 para reclamar o seu premio.
Se transcorrido o prazo para reclamar o premio o gañador non exerceu o seu dereito con Gadis en tempo e forma, o premio quedará deserto. Non haberá suplentes.
7. ENTREGA DO PREMIO
Para poder gozar do premio, o gañador terá que:
Confirmar por escrito a GADISA RETAIL, S.L.U. a aceptación deste, mediante documento que lle será remitido por GADISA RETAIL, S.L.U., a aceptación do premio nun prazo máximo de 3 días desde a recepción do dito documento.
Unha vez confirmada a aceptación do premio, realizarase a súa entrega no supermercado indicado.
O gañador terá ata o 31 de maio de 2026 para recoller o premio no supermercado Gadis indicado.
Se transcorrido o prazo para recoller o premio o gañador non exerceu o seu dereito con Gadis en tempo e forma, o premio quedará deserto.
8. FISCALIDADE
Será por conta de GADISA RETAIL, S.L.U. o pagamento do IMPOSTO DO VALOR ENGADIDO correspondente ao valor do premio, así como a retención a conta do IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS, de acordo co establecido no vixente Regulamento do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto do 30 de decembro de 1991 nº 184/91.
Será por conta do agraciado a liquidación final do dito imposto na súa tributación persoal.
9. UTILIZACIÓN DO NOME DO GAÑADOR E COMUNICACIÓNS RELACIONADAS CON ESTA PROMOCIÓN
En caso de resultar gañador, GADISA RETAIL, S.L.U. poderá difundir o nome, apelidos e nome de usuario do gañador nas súas canles oficiais, incluíndo a súa páxina web, redes sociais e materiais promocionais; así como nas canles oficiais de potenciais terceiras partes que colaboren na promoción.
Ademais, GADISA RETAIL S.L.U. poderá solicitar ao gañador o seu consentimento expreso para captar e publicar a súa imaxe (fotografía e/ou vídeo) nesas mesmas canles. O dito tratamento realizarase unicamente se o gañador presta o seu consentimento de forma libre, específica, informada e inequívoca, de acordo co artigo 6.1.a do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
O gañador poderá revogar este consentimento en calquera momento, sen que a dita revogación afecte á licitude do tratamento realizado previamente. En caso de negativa a prestar o consentimento, isto non afectará ao seu dereito a recibir o premio obtido.
10. PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos (RXPD), e na LOPDGDD informámolo de que os datos persoais facilitados polos participantes serán tratados por GADISA RETAIL S.L.U. coa finalidade de xestionar a súa participación no sorteo, realizar a selección dos gañadores e suplentes, e proceder á entrega do premio correspondente.
Os datos de carácter persoal proporcionados con ocasión da participación na presente promoción: nome e apelidos, DNI e teléfono, serán tratados coa finalidade de xestionar o desenvolvemento da presente promoción, a entrega dos premios.
Así mesmo, o participante consente expresamente que, en caso de resultar gañador, os seus nomes e apelidos poidan ser publicitados na cartelería do supermercado Gadis, pertencentes ao colectivo de empresas de distribución comercial de GADISA RETAIL, S.L.U., que realiza o sorteo, así como na APP de Gadis (Gadis+) e/ou nas redes sociais de Gadis; co único propósito de dar transparencia ao resultado do sorteo.
A base xurídica que lexitima este tratamento é o consentimento que expresamente outorga ao aceptar as bases de participación no sorteo (art. 6.1 a) do RXPD), e o interese lexítimo de GADISA RETAIL S.L.U. en garantir a transparencia deste (artigo 6.1.f do RXPD).
Os datos dos participantes nos sorteos que non resulten gañadores serán destruídos, unha vez finalizado este. Os datos dos gañadores conservaranse durante o prazo necesario para cumprir coas obrigas legais aplicables.
Os participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade, dirixíndose por escrito a GADISA RETAIL S.L.U. en Polígono Piadela s/n 15300 de Betanzos (A Coruña) ou ao correo electrónico lopd@gadisa.es, indicando no asunto "Ref.- Sorteo O Son do Camiño 2026".
Así mesmo, se consideran que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente, poderán presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
A participación no sorteo implica a aceptación destas bases e da política de privacidade de GADISA RETAIL S.L.U.
11. DEPÓSITO DAS BASES ANTE NOTARIO
As bases da presente promoción están depositadas e protocolizadas ante o Notario do Ilustre Colexio de Galicia, D. Oscar Manuel López Doval.