Compartimos las recetas

Xurelo ao forno da avoa
Xurelo ao forno da avoa
Xurelo ao forno da avoa
por: David Rey

Xurelo ao forno da avoa

por: David Rey
É unha das receitas máis típicas da miña casa. Facíalla miña avoa a miña nai, e miña nai a min. Cando era pequeno, era un rapaz que comía bastante ben, pero o peixe si que loitaban conmigo para que o comera, menos este xurelo ao forno. Este encantábame. Agora, pasaron máis de 20 anos dende a primeira vez que o probei, e cada día me sabe mellor, non sei cómo o fan tan ben porque a min nunca me queda como na casa. Espero que vos guste a metade do que me gusta a min.
Xurelo ao forno da avoa
Xurelo ao forno da avoa
Categoría Peixes e mariscos
Comensais 2 persoas
Tempo de elaboración 30 minutes
Xurelo ao forno da avoa

Ingredientes:

  • Xurelo
  • Patacas
  • Tomate
  • Cebola
  • Limón
  • Laurel
  • Aceite
  • Pementón dulce
  • Caldo de peixe
  • Auga
  • Pan raiado
  • Sal
Xurelo ao forno da avoa
Xurelo ao forno da avoa

Preparación:

  • Salar lixeiramente o xurelo unha horiña antes de facelo máis ou menos (aínda que se pode botar despois).
  • Pon as patacas, a cebola e o tomate na parte baixa da bandexa do forno, cortadas ao gusto (en tacos, xulianas, rodaxas...)
  • Coloca encima o xurelo, dalle dous cortes e pon no interior unha rodaxa de limón e laurel.
  • Cubre todo de pan raiado (e bota agora o sal se non o botastes antes).
  • Nunha taza á parte, bota a metade de auga, a metade de aceite, pementón dulce e unha pastilla de caldo.
  • Mestura todo na taza e bótao por enriba da bandexa, deixando todo mollado.
  • Ao forno ata que a pataca pinche e listo (adoitan ser uns 15-20 minutos).