Compartimos las recetas

Roscón de Reis
Roscón de Reis
Roscón de Reis
por: Rocio Cuevas Paulos

Roscón de Reis

por: Rocio Cuevas Paulos
O 5 de xaneiro, avós, tíos e curmáns acudimos a ver a cabalgata dos Reis Magos. Despois, a tía -ou sexa, eu- prepara a masa. Pola mañá, érgome coa ilusión de ver se os Reis pasaron pola nosa casa e se viñeron cargados de agasallos.

Meto o roscón no forno sabendo que leva a figuriña agochada e mais a faba, como manda a tradición, e listo: a maxia está feita.

Todos xogamos a encontralas: a avoa é a que máis se divirte. Que emoción! Xa ole a Nadal e a familia!


*Receita orixinal en castelán
Roscón de Reis
Roscón de Reis
Categoría Sobremesas e doces
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 2 hours 30 minutes
Tempo de cocción 23 minutes
Roscón de Reis

Ingredientes:

  • 500 g de fariña de forza
  • 25 g de fermento fresco
  • 1 vaso de leite morno
  • 100 g de azucre
  • 3 Ovos
  • 100 g de manteiga
  • 1 copiña de anís
  • 1 chisco de sal
Roscón de Reis
Roscón de Reis

Preparación:

  • Formamos un volcán coa fariña, co azucre e co sal.
  • Engadimos o fermento previamente esluído en leite morno, a reladura do limón, o anís, 2 ovos e amasamos todo moi ben ata que quede unha masa lisa.
  • Deixamos repousar 2 horas tapado ata que dobre o seu volume.
  • Dámoslle forma de roscón e pintamos con ovo e azucre húmido.
  • Deixamos repousar outras 2 horas tapado.
  • Metemos no forno a 190º 23 minutos e.. listo para desfrutar!