Retorcidos
por: Vanessa Prieto Casal
Retorcidos
por: Vanessa Prieto Casal
Os retorcidos son un doce que significa moito para min. Facíamos a miña avoa desde ben pequena. Lembro que, sempre que se achegaba un día importante, pasabamos toda unha tarde facéndoos. Que alegría cando os facía un día calquera! Espero que, con esta receita, máis persoas poidan compartir esta alegría
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 12
Tempo de elaboración 2 hours hours 20 minutes minutes
Ingredientes:
- 1,25 kg fariña
- 6 Ovos
- 14 culleradas de aceite de oliva
- 14 culleradas de azucre
- 45 g de impulsor de repostería, tres sobres
- 1/2 copa anís
- 1 rela de limón, sen a parte branca
- 1 chisco sal
- aceite abundante para fritir
Preparación:
- Nunha tixola, quentar o aceite de xirasol coa monda do limón. Cando a monda estea dourada, retirar do lume e deixar arrefriar completamente.
- Separar as xemas das claras. Montar as claras a punto de neve co chisco de sal.
- Nun bol grande, bater as xemas co azucre ata que branqueen. Engadir o aceite aromatizado (xa frío) e mais o anís. Mesturar ben.
- Incorporar as claras a punto de neve á mestura das xemas con movementos envolventes, intentando que non perdan moito aire.
- Mesturar o lévedo coa fariña e incorporala pouco a pouco á mestura anterior, peneirándoa se é posible.
- Amasar ata obter unha textura elástica que se desapegue das mans.
- Cubrir cun pano limpo a masa e deixar repousar unha hora
- Coller porcións pequenas, do tamaño dunha noz grande, formar cilindros ou cordóns e cruzar os extremos sobre si mesmos, apertando lixeiramente onde cruzan para que non se solten.
- Fritir os retorcidos en abundante aceite a temperatura media. É importante que non estea demasiado quente para que se inchen e se cociñen ben por dentro sen queimarse por fóra.
