Receita para finxir que sabes cociñar
por: Yoselin Gutiérrez
Receita para finxir que sabes cociñar
por: Yoselin Gutiérrez
Esta receita está pensada para demostrar que cociñar rico non ten que ser complicado: uns poucos ingredientes, unha tixola soa e... de súpeto, todos pensan que sabes o que fas.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Pastas e arroces
Comensais 3 personas
Tempo de elaboración 20 minutes minutes
Tempo de cocción 15 minutes minutes
Ingredientes:
Para 3 persoas esfameadas ou 2 namorados e un metido:
- 300 g espaguete
- 250 g gambas peladas
- 1 Cebola branca mediana
- 3 dentes de allo
- 140 g (escorridos) de millo doce
- 200 ml de nata para cociñar
- 40 g de queixo parmesano relado
- 1 cdña de manteiga
- 2 cdas de aceite de oliva
- Sal ao gusto
- Pementa negra ao gusto
- 1 cdña de papikra
Preparación:
- Pon ao lume unha pota con abundante auga e sal.
- Cando ferva, engade os espaguetes e cocíñaos ata que estean no seu punto, ao dente.
- (Traducido do italiano "al dente": nin duros coma un ladrillo nin brandos, como decepción amorosa).
- Mentres a pasta fai o seu traballo, corta a cebola e os allos pequeniños.
- Nunha tixola grande, engade 2 culleradas de aceite de oliva e 1 culleradiña de manteiga.
- Cando a manteiga se derreta, rustre a cebola e mais o allo ata que arrecendan tan ben, que alguén apareza dicindo: "Que estás a facer e por que non me convidaches?"
- As gambas entran en escena. Engade as gambas e cocíñaas 2 ou 3 minutos.
- Cando se poñan rosadiñas e bonitas agrega o millo, a paprika, a nata, o sal, a pementa e o parmesano.
- Remexe todo ata que quede unha salsa cremosa que pareza sacada dun restaurante onde cobran demasiado por pouca cantidade.
- A unión fai a gloria. Escorre a pasta e bótaa directamente na tixola.
- Mestúrao todo ben para que cada espaguete quede bañado en salsa e listo.
- Sen técnicas francesas, sen ingredientes imposibles e sen luxar media cociña.
- Só felicidade en carbohidratos.
