Polo á cervexa
por: Rubén
Polo á cervexa
por: Rubén
É especial para min porque non é só unha receita, é unha desas comidas que me lembran momentos bonitos, estar coa xente que quero e sentirme na casa.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Carnes
Comensais 2 personas
Tempo de elaboración 45 minutes minutes
Tempo de cocción 35 minutes minutes
Ingredientes:
- 450 g de polo coxas, contracoxas ou peituga en anacos
- 330 ml de cervexa
- 1/2 Cebola
- 1 dente de allo
- 1 cenoria
- 1 cda de fariña
- 2 cdas de aceite de oliva
- Sal e pementa
- 1/2 cdña de pemento doce
- 1 folla de loureiro
- 100 ml de caldo ou auga
- Pirixel
Preparación:
Doura o polo durante 6/8 minutos.
- Pon unha pota a lume medio-alto co aceite.
- Engade o polo e dóurao ben por todos os lados. Aínda non fa falta cociñalo por dentro. Cando estea douradiño, sácao e resérvao.
Rustrido
- Na mesma cazola engade: cebola picada, allo picado e cenoria en rodas.
- Cociña a lume medio uns 5-7 minutos, remexendo ata que a cebola estea brandiña.
Engade fariña e pemento doce
- Bota 1 cullerada de fariña e remexe durante uns 30-60 segundos.
- Aparta un momento do lume e engade o pemento para que non se queime.
Incorpora a cervexa.
- Incorpora a cervexa mentres remexes para que non queden grumos.
- Engade tamén o loureiro e, se queres máis prebe, uns 100 ml de auga ou de caldo.
Devolve o polo á pota.
- Cando empece a ferver, baixa a lume medio-baixo, tapa parcialmente e deixa cociñar.
- -25-30 minutos, se usas coxas/contracoxas.
- -15-20 minutos se utilizas peituga, para que non quede seca.
- Remexe de vez en cando.
Espesa a salsa
- Destapa durante os últimos 5 minutos e deixa que reduza ata que a salta teña a textura que che guste.
- Pódese acompañar con pataca cocida, frita ou con arroz.
